Sant Feliu de Llobregat: Diferenzas entre revisións

concello da provincia de Barcelona
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Sant Feliu de Llobregat''' é a capital da comarca catalá do Baix Llobregat (provincia de Barcelona, España). Conta con 42.628 habitantes ([[Instituto ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2009 ás 20:13

Sant Feliu de Llobregat é a capital da comarca catalá do Baix Llobregat (provincia de Barcelona, España). Conta con 42.628 habitantes (INE 2008).

Xeografía

Está situada na marxe esquerda do río Llobregat.

O seu termo municipal limita cos de Sant Just Desvern ao leste, Molins de Rei ao norte, Sant Vicenç dels Horts ao oeste e Sant Joan Despí ao sur.

Sant Feliu está situada no Val do río Llobregat, na súa marxe esquerda, e vai subindo cara ao Parque de Collserola, trátase dun Espazo de interese natural, e está xestionado por nove municipios. Pola Cidade discorren: riera de San Just que ao chegar a San Feliu toma o nome de Riera Pahissa, que colle as augas do monte Aguilar (387m) e do monte San Pedro Mártir (389) e o porto da Vinyassa, actualmente está canalizada case en tota a súa extensión e convertida en rúa, do mesmo xeito que a Rise a Saúde. Que recolle as augas que baixan do monte de Olorda, o monte do Serra, o monte de Can Pascual, o monte de Merlés, e o monte Rodou. Tamén queda cerca o Torrente de Can Miano. As montañas máis próximas á cidade que pertencen á Serra de Collserola son: O Pico de Olorda (436,4 m.), explotado por unha fábrica de cemento ata o ano 2006. La Peña do Mouro (375 m.) O monte Aguilar (387m.) e o monte San Pedro Mártir (389 m.).