Miro Casabella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
Nos anos seguintes, Miro participará en multitude de concertos e festivais, na Galiza e en todo o [[España|Estado español]], ademais de colaborar musicando pezas de teatro en galego e discos de historias para rapaces. A partir de [[1976]] a desaparición da censura [[franquismo|franquista]] propiciará tamén a aparición dos seus primeiros traballos longos.
 
En [[1977]] ve a luz o disco ''Ti, Galiza'', onde figura (con letra de [[Xosé Manuel Casado]]), ''O meu país'', unha das súas cancións máis populares. Un ano máis tarde publicarase ''Treboada'', con arranxos de [[José Mário Branco]] e a colaboración de [[Pi de la Serra]]. A composición que dá título a este segundo disco está inspirada no Cerimonial da Treboada de [[Tomiño]]. Ambos os dous traballos amosan unha peculiar mestura entre a canción de intervención social e a música tradicional, unha marca característica do autor, que ademais de inspirarse en formas populares e cantigas medievais, non desbota o emprego de outros instrumentos alén da [[guitarra]], como a [[zanfona]] ou a [[harpa]].
 
A finais dos anos 70, Miro entra en contacto co grupo [[folc]] [[DOA (grupo musical)|DOA]], que lle propón colaborar no que ía ser o seu primeiro traballo. O cantor incorpórase ao grupo, co que colaborara facendo arranxos, en labouras de produción, e tamén como cantante nalgúns dos temas, aínda que a orientación do grupo segue a ser eminentemente instrumental. A súa colaboración non foi máis alá do primeiro traballo (''O son da estrela escura'', [[1979]]) e rematou a principios dos anos 80.