Amón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ra (mitoloxía)->Ra (deus)
*adC -> a. C.
Liña 14:
Atópase a primeira mención coñecida do deus nos [[Textos das Pirámides]] do [[Imperio Antigo]], gañando importancia cara ao final do [[Primeiro Período Intermedio]], en Tebas.
 
Cobra grande importancia durante a [[dinastía XII]] do [[Imperio Medio]] (c. 2000 - 1800 adCa. C.), en Tebas, onde se lle erixiu o denominado templo de [[Karnak]].
 
A comezos do [[Imperio Novo]] foi considerado o deus dinástico, pola devoción que lle profesaban os faraóns tebanos, eclipsando o predominio do deus guerreiro [[Montu]], outra divindade venerada en Tebas. A guerra contra os [[hicsos]] levada a cabo polos príncipes tebanos da [[dinastía XVII]] provocaría tamén o encumbramento do deus da cidade á máxima divindade do panteón exipcio, unha vez lograda a vitoria coa liberación e reunificación do país.