Yolanda Díaz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
EU->esquerda unida
Liña 14:
'''Yolanda Díaz Pérez''' ([[Fene]], 6 de maio de [[1971]]) é unha dirixente política. Pertence á federación galega de [[Esquerda Unida]], da que é a súa coordenadora dende [[2005]].
 
Licenciada en [[Dereito]] pola [[USC|Universidade de Santiago de Compostela]], accedeu á coordenación xeral de [[Esquerda Unida|EU]] en [[2005]], sendo a candidata da formación á presidencia da [[Xunta de Galicia]] nas eleccións dese ano. Obtivo uns 12.000 votos (0,8%), sendo a cuarta forza política máis votada.
 
Nas eleccións municipais de [[2003]], foi a cabeza de lista da formación á alcaldía de [[Ferrol]], recuperando para a coalición representación no Concello, da que se vira privada no mandado precedente pola crise derivada na ruptura e xurdimento de [[Esquerda Galega-Os Verdes]]. Obtivo dúas actas de concelleiro, acompañada polo veterano dirixente [[Fernando Miramontes]].