Bama, Touro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 18:
 
Pero o que máis destaca é sen dúbida o tradicional [[Entroido]], que se celebra o domingo de Corredor (o domingo anterior ao de Entroido).
 
 
== O Entroido de Bama ==
É sen dúbida ningunha o Entroido o acontecmento que máis xente trae a esta parroquia de Touro. O Entroido, ou tamén, as Máscaras, como popularmente se lle chama, ten lugar o domingo de Corredor, que se celebra o domingo antes ao domingo de Entroido.
 
O traballo para a celebración de tan singular festa comeza alomenos un mes antes onde se reúnen todos os que queren participar e vaise configurando a parranda, os xenerais, a vellada, o frade...
 
O día das Máscaras transcorre do seguinte xeito:
 
-Pola mañanciña a '''Parranda''', conxunto de mozos e mozas vestidos de galegos ou disfrazados, van polas aldeas cantando, bailando e tocando. Sirva de exemplo a seguinte cancións:
 
''''Aquí están os da Parranda
contentos e entusiasmados,
se nos queren escoitar
non marcharán disgustados.
 
Escoita nena bonita
e asomate á ventana,
para escoitar as cancións
que che cantan os de Bama.
 
Se nos queren escoitar
ide soltando cartiños,
que a parranda non canta
se non lle untan os fuciños''.
''
 
 
 
 
{{Lp Bama}}