Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Jchapela»

O contido da páxina foi eliminado
(Nova sección: →‎xuntanza-ceanza)
(O contido da páxina foi eliminado)
{{Benvida}} -- [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 16:21, 20 outubro 2007 (UTC)
 
== Rexións de Italia ==
Ola, Jonathan, en primeiro lugar decirche que estás facendo un magnífico traballo. Escríboche para lembrarte que é necesaria a categorización das páxinas para poder navegar máis cómodamente. No caso das rexións de Italia, basta con engadir ó final do artigo [[:Category:Rexións de Italia]] e tamén que deixes só unha ou dúas liñas de separación entre as seccións para unha mellor lectura. Para calquera dúbida xa sabes onde atopar axuda. --[[User:Adalbertofrenesi|Adalbertofrenesi]]<sup>[[User talk:Adalbertofrenesi|(fala)]]</sup> 00:50, 23 outubro 2007 (UTC)
 
== Engadir imaxes ==
Existe unha pequena guía que di como engadir imaxes aquí: [[Wikipedia:Como engadir imaxes]], de tódolos xeitos, eu recoméndoche buscar as imaxes en commons e pasar de carga-las na galipedia. Para iso, vai a [http://commons.wikimedia.org/wiki/Main_Page Commons], procura aí o que che faga falla, por exemplo, aquí tes a categoría das imáxenes de [http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Italy Italia]. Para engadi-las ós artigos só tes que seguir as instruccións de [[Wikipedia:Como engadir imaxes]]. --[[User:Adalbertofrenesi|Adalbertofrenesi]]<sup>[[User talk:Adalbertofrenesi|(fala)]]</sup> 17:59, 23 outubro 2007 (UTC)
 
 
== Hai solución ==
Ti colles o artigo co dobre nome e arriba pulsas na lapeliña que di "mover" (á dereita de editar, historial, etc). Aí pós o novo nome. Polo tanto artigo principal será o do nome curto e o do dobre nome será un redireccionamento automático. --[[User:Adalbertofrenesi|Adalbertofrenesi]]<sup>[[User talk:Adalbertofrenesi|(fala)]]</sup> 20:59, 23 outubro 2007 (UTC)
 
*Ola Jonathan! Póñoche un exemplo por se así o entendes mellor: Creaches o correcto [[Umbría - Umbria]]. Se agora queres que poñendo Umbría ou Umbria, redirixa á páxina que creaches tes que crear esas dúas páxinas co texto <nowiki>#REDIRECT [[Umbría - Umbria]]</nowiki>.
 
Se tiveras creado o artigo coma [[Umbría]], a secas, terías que premer na lapeliña de mover e introducir o novo nome Umbría - Umbria. Así a páxina que creaches iría ó lugar correcto, e o nome curto sería de facto unha redirección. Agardo que me netenderas.
 
Déixote ademais unha ligazón por se che serve de máis axuda: [[Wikipedia:Como redireccionar unha páxina]]. E outra: [[Wikipedia:Como trocar o nome dunha páxina]]. Un saúdo, meu. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 21:11, 23 outubro 2007 (UTC)
 
== Rexión de Bissau ==
 
Olá. Creaches un artigo [[Rexión de Bissau]] co mesmo texto que [[Bissau]]. Son o mesmo ou son diferentes? Se son o mesmo podes simplemente poñer unha redirección de Rexión de Bissau para Bissau e así non hai que escribir e manter duas páxinas. Se non o son haberá que modificar o contido. A páxina está marcada para eliminar pero queria-cho consultar antes. --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 13:09, 24 outubro 2007 (UTC)
* Xa a eliminei. Tamén eliminei a de Emilia-Romaña. Os usuarios normais non poden eliminar páxinas; esa é función dos usuarios aos que se lles concedeu o permiso de seren "[[Wikipedia:administradores|administradores]]". Cando queiras eliminar unha páxina, coloca <nowiki>{{Lixoporque|EXPLICACIÓN DE POR QUE A QUERES ELIMINAR}}</nowiki> e a páxina coloca-se automaticamente nunha listaxe de [[:Category:Limpar|páxinas a eliminar]]. Cando un administrador pase por ali borrará-a. Un saúdo. --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 15:45, 24 outubro 2007 (UTC)
 
== Indicar se é tradución ==
 
Ola Jonathan! Pois é doado, áinda que moitas veces é fácil esquecerse. Tan só hai que engadir no campo de resumo (enriba do botón de Gardar páxina), un texto semellante a esto: '''Traducido da wikipedia italiana''' ou '''Tradución de <nowiki>[[it:Trieste]]</nowiki>''', de ser ese o artigo traducido. Un saúdo, e non fagas caso ós malos xeitos. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 15:18, 24 outubro 2007 (UTC)
 
== Desculpas ==
 
Desculpa, levas a razón. Non vou a xustificar accións inxustificables, pero só quería decirche que non me dera conta que foras ti o que iniciara a páxina crein que fora un editor que leva xa moito tempo no proxecto. O certo é que na Galipedia estase a non respetar a licenza GFDL, que obriga a mencionar a autoría de orixe, de xeito reiterado por parte de usuarios que xa levan moito tempo editando como para non sabelo. Pero todo esto non ten nada que ver contigo. Do mesmo xeito a brusquedade coa que sinalei o erro ven determinada por causas totalmente alleas a tí, e que tamén deberían ser alleas ao proxecto pero que por desgrza non son. Con todo esto só quero desculparme por non te ter tratado co debido respeto. Un saúdo e anímote a seguir a traballar tan ben como o estas a facer. Eu non te molestarei máis e se necesitas algo pregúntalle a calquera, ou a min mesmo, que te atenderán sen problemas. [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 17:00, 24 outubro 2007 (UTC)
 
É o interwiki a mesma Galipedia, aoparalo ao final do artigo co resto de interwikis <nowiki>[[gl:Moloko]]</nowiki>. Outra cousa, o template listen que trataches de poñer na Galipedia é audio (e só admite poñerlle o arquivo despois de |. O problema nese concreto é que o arquivo non está dispoñible para a Galipedia xa que ten copyright (a wiki inglesa ten distintas regras para o tema das licenzas que o resto de wikis. Alédame ver que non te espantei cos meus malos modos. Saúdos. [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 19:15, 24 outubro 2007 (UTC)
Podes ver un exemplo do template audio no artigo [[Alexander von Humboldt]].
 
== bandas ==
 
boas!
 
cando creo un artigo de música, para poñer o recadriño da dereita (que queda moi cuco), cópioo doutro artigo (normalmente desde [[Ataque Escampe]], pero serve calquera) e cambio os datos. Para ver se hai unha imaxe dispoñible da banda, vou á portada da galipedia. Na parte d'abaixo pon "Commons", e é onde están os arquivos multimedia. Buscas, e se hai algún dispoñible (mira o dos dereitos de uso), o podes pór no lugar da imaxe.
 
[[Saúde]], e pola sombra! --[[User:Estevoaei|Estevoaei]] 16:56, 25 outubro 2007 (UTC)
 
== Interwikis ==
 
Ola de novo Jonathan! Parabéns polas contribucións, son moi boas. Para engadir interwikis o máis fácil é collelos da páxina da wikipedia dende onde traduces. Así, por exemplo, se tiveras traducido o artigo St Germain da wikipedia poñamos inglesa terías que coller do [http://en.wikipedia.org/wiki/Saint_Germain_%28musician%29 artigo na inglesa] a parte que é máis ou menos así:
 
<nowiki>
[[de:St. Germain (Musiker)]]
[[es:Saint Germain]]
[[fr:St_Germain_%28musicien%29]]
[[ka:სენ-ჟერმენი (მუსიკოსი)]]
[[nl:St Germain]]</nowiki>
 
E os engades na páxina galega despois das categorías. A ligazón á páxina onde o explica mellor é: [[Wikipedia:Ligazóns interlingüísticas]]. Un saúdo. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 18:31, 25 outubro 2007 (UTC)
 
:Para iso terías que editar nas outras wikipedias. Así terías que editar na páxina St Germain na wiki inglesa e engadir <nowiki>[[gl:St Germain]]</nowiki>. Pero pode ser un pouco canso engadir ese link en todas as wikipedias, sobre todo se é un artigo que está en moitas. Para aforrar esforzo podes incluír o interwiki tan só na wiki inglesa, para que os [[Wikipedia:Bots|Bots]] o detecten e o engadan automaticamente en todas as wikipedias. Saúdos. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 18:49, 25 outubro 2007 (UTC)
 
* Ola Jonathan, a acabo de traducir unha páxina do portugués na que atopas unha explicación simple sobre este asunto, esta en [[InterWiki]]. Un saudo--[[User:Calrosfking|Calrosfking]]<sup>[[User talk:Calrosfking| (FÁLAME) ]]</sup> 18:45, 25 outubro 2007 (UTC)
 
== Economía - Demografía ==
 
Ola Jonathan, Creo que arranxei o tema. Como a páxina economía redirixía a demografía tan só había que borrar a páxina que era redirect. Un saúdo. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 17:00, 29 outubro 2007 (UTC)
 
== Voto en Wikipedia:Elección á administración ==
 
Ola Jonathan! O teu voto en [[Wikipedia:Votacións á administración]] non vai poder ser contado xa que non cumpre as condicións [[Wikipedia:Elección de administradores]]. Levas realizadas 575 edicións [http://tools.wikimedia.de/~interiot/cgi-bin/Tool1/wannabe_kate?username=Jonathan+Chapela&site=gl.wikipedia.org] (poucas che quedaban para 700) e levas menos dun mes na Gali (a que parece máis?) e o requirimento pide 4 meses para poder votar. Porén o teu voto non tiñas por que telo eliminado, simplemente non se contaría, mais podía permanecer na páxina. Así que xa sabes, xa te quedan poucas edicións para as 700 (o dos meses en troque non vai poder ser tan rápido ;( ) Saúdos. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 17:42, 16 novembro 2007 (UTC)
 
:Ola Jonathan, vexo que introduciches a bandeira galega e non queda moi ben, por mor da cor branca. Para solucionalo hai un template que serve para pórlle un borde ás bandeiras, sería algo así: <nowiki>{{border|[[Image:Bandeira galega civil.svg|90px]]}}</nowiki>. O resultado é: {{border|[[Image:Bandeira galega civil.svg|90px]]}} Un saúdo. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 11:39, 17 novembro 2007 (UTC)
 
== [[Cocaína]] ==
 
Si, ando a ver se o melloro un pouco. Polo momento estou arranxando o formato e engadindo ligazóns, pero terei en conta o que me dis, é un bó punto. Grazas polo comentario :D --<b>[[User:Banjo|<font face="Verdana">'''<font color="000000">B</font><font color="770000">aN</font><font color="BB0000">jO''' </font></font>]]</b><sup>[[User talk:Banjo|<font color=#dd0000 face="Verdana"> tell me</font>]]</sup> 12:56, 17 novembro 2007 (UTC)
 
== Template selección ==
 
O de record de partidos é "Mais partidos", o de Máximo goleador é "Max goleador" e o de Asociación é "Asociacion" sen til. Xa correxín en Albania, pero falta poñer a asociación (que non a sei :D). Se necesitas calquera outra cousa avisa :D --<b>[[User:Banjo|<font face="Verdana">'''<font color="000000">B</font><font color="770000">aN</font><font color="BB0000">jO''' </font></font>]]</b><sup>[[User talk:Banjo|<font color=#dd0000 face="Verdana"> tell me</font>]]</sup> 18:43, 18 novembro 2007 (UTC)
 
==Friburgo==
Efectivamente, teño mellor información, pero está xenial que mo digas, porque iso debería referenciarse. Moitas grazas. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] 19:38, 19 novembro 2007 (UTC)
 
==Fotógrafos e personalidades==
Ola, Jonathan. Fixen iso porque son un animal e me equivoquei. Grazas por advertirme do erro. Desculpas. O correcto é que estean na categoría máis pequena, ou sexa, se Fotógrafos galegos pertence a Personalidades da fotografía, deberían estar só en Fotógrafos galegos, e nunca na outra. Moitas grazas de novo... --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] 16:00, 20 novembro 2007 (UTC)
 
==Unha preguntiña==
Estou moi intrigado, e non consigo saber por que Cabanas non foi convocado este ano... ti sábelo? --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 23:22, 5 decembro 2007 (UTC)
: Moitísimas grazas!! pero moitísimas! --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 13:44, 6 decembro 2007 (UTC)
 
== Ciencias da información ==
É posible que teñas razón, non son ningún experto no tema, intento tan so darlle un pouco de sentido a estas categorías e emprego como ferramenta o que fan outras wikis, se ti o ves máis claro podes movelo sen problemas. Un saúdo.--[[User:Calrosfking|Calrosfking]]<sup>[[User talk:Calrosfking| (FÁLAME) ]]</sup> 12:42, 6 decembro 2007 (UTC)
* Contra, tes razón, en vez de copiar e pegar o nome da categoría en galego, copiei sen darme conta a de castelán. Grazas por darte conta. Un saúdo--[[User:Calrosfking|Calrosfking]]<sup>[[User talk:Calrosfking| (FÁLAME) ]]</sup> 12:48, 6 decembro 2007 (UTC)
* Non te preocupes, xa o fago eu. O das categorías ten un pouco de miga, pero enseguida lle pillas o truco. Un saúdo--[[User:Calrosfking|Calrosfking]]<sup>[[User talk:Calrosfking| (FÁLAME) ]]</sup> 12:51, 6 decembro 2007 (UTC)
 
==Grazas==
Grazas por botarme unha man co das eleccións... :) O da UE foi metedura de pata miña, olímpica, pero o artigo ten numerosos erros que se derivan en boa medida da tradución máis ou menos automática... :( --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 17:32, 6 decembro 2007 (UTC)
 
==Espido==
Correcto. Ao principio naceron como os dous que tocaban ese disco, pero iso foise consolidando como un proxecto que ten un nome. Se comprobas o myspace, por exemplo, vese que o nome co que se dan a coñecer é o de Espido. O certo é que non sei se no futuro seguirán editando, e cando o fagan, non sei con que nome o farán, pero o que teño claro é que na actualidade, o título de "Guadi Galego e Guillermo Fernández" non é nada en concreto. Ou sexa, que ou optamos por chamarlle Espido ao grupo, ou ao álbum, pero o título do artigo ten que ser ese, non? Como o ves? Saudiños --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 21:27, 9 decembro 2007 (UTC)
 
== Edicións ==
Boas, meu. Se me permites darche un consello, cando fagas varias edicións pequenas tenta empregar a vista previa se podes, e se non marca a caixiña de "edición pequena". Así axudas a que a xente que revise os cambios recentes se lles faga máis sinxelo o traballo, unha porque serían menos edicións que revisar, e outra porque así saberán cando son edicións grandes ou pequenos arranxos. Grazas e sigue co bó traballo. Un saúdo --<b>[[User:Banjo|<font face="Verdana">'''<font color="000000">B</font><font color="770000">aN</font><font color="BB0000">jO''' </font></font>]]</b><sup>[[User talk:Banjo|<font color=#dd0000 face="Verdana"> tell me</font>]]</sup> 20:08, 13 decembro 2007 (UTC)
 
==Valga==
Ola, Jonathan. Gústame moito o traballo que estás facendo. Con todo, corrixín o movemento que fixeches dos homónimos de Valga. Está ben incorporar páxinas de homónimos, pero cando un dos significados é moito máis relevante dende o punto de vista da enciclopedia galega (e neste caso, Valga concello éo moito máis cá cidade estoniana), débese deixar esa como principal e créase outra como homónimos. Ademais, a convención prós topónimos é expresalos con '','' (comas): ou sexa, que debe ser ''Valga, Estonia'' e non ''Valga (Estonia)''.--[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 09:48, 17 decembro 2007 (UTC)
:Non ho, todo o contrario... Actúas con moito criterio. Hai cousas que se aprenden co tempo, así que non hai mal en meter a zoca. Nunca, :) --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 09:57, 18 decembro 2007 (UTC)
 
==Fusións etcétera==
Imos por partes. Hai dúas etiquetas de fusión para marcar os artigos que hai que converxer. <nowiki>{{fusión}}</nowiki> e <nowiki>{{fusióndesde}}</nowiki>, que permiten indicar que artigo hai que fusionar con cal, e cal dos dous debe quedar. Ademais, hai un traballo que pode facer calquera usuario, que é fusionar os contidos: en resumo, redactar un artigo que recolla o texto e imaxes dos dous anteriores dunha forma estruturada. Ademais, hai un traballo que só poden facer os administradores, que é fusionar os historiais, de maneira que se conserven os trocos que se fixeron nas dúas páxinas previas.
 
Pero o que teño dúbidas é sobre se debe fusionar [[nesgo]] e [[erro sistemático]]. Pola redacción, parecen cousas distintas, pero non sei moito da materia... En xeral, as definicións son bastante pouco claras. Non sei qué che diría de facer... --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 22:18, 20 decembro 2007 (UTC)
 
== deporte rei ==
 
boa noite! bótaslle un ollo a [[Lista de seleccións nacionais de fútbol]] e corrixes as ligazóns?? --[[Saúde]], e pola sombra!! [[User:Estevoaei|Estevoaei]]<sup>[[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 03:25, 29 decembro 2007 (UTC)
 
Ola JOnathan. Unha cousa: nas redireccions que fas, o costume é deixar 1 espazo en branco a cada lado do guion, asi seria "Delos - Δήλος" en vez de "Delos-Δήλος". Saúdos.---- [[User:Maañón|Maañón<sub>00</sub>]] <sup>[[User Talk:Maañón|(o que ho?)]]</sup> 22:00, 1 xaneiro 2008 (UTC)
Ola de novo. A costa de ser pesado: tes que deixar tamen un espazo en branco antes do guion. Saúdos.---- [[User:Maañón|Maañón<sub>00</sub>]] <sup>[[User Talk:Maañón|(o que ho?)]]</sup> 22:12, 1 xaneiro 2008 (UTC)
 
== Toponimia ==
 
Só comentarche que os títulos bilingües póñense cun espazo antes de despois do guión. Un saúdo.--[[User:Norrin strange|Norrin_strange]] ([[User talk:Norrin strange|Talk]]) 23:01, 1 xaneiro 2008 (UTC)
 
==Facer o indio==
Ola Jonathan. Cando vin a túa mensaxe creo que xa era tarde pra atrapar a IP que facía o indio, ;) Pero tampouco puiden saber moi ben, seguindo os cambios recentes, qué estaba facendo e a que artigos afectaba. Supoño que a esta altura xa o amañaría outro administrador. Para a próxima, indícame tamén o número de IP e os artigos onde anda fozando, pra mirar de solucionalo rápido. Tamén podes deixar recado no [[Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores|Taboleiro dos administradores]], que o miramos todos. Saudiños, e moitas grazas polo teu curre.--[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 16:33, 4 xaneiro 2008 (UTC)
 
== xuntanza-ceanza ==
 
hai uns días propuxen unha [[Wikipedia:A_Taberna#xuntanza-ceanza|xuntanza-ceanza]] a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --[[Saúde]], e pola sombra!! [[User:Estevoaei|Estevoaei]]<sup>[[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 00:58, 30 xaneiro 2008 (UTC)
1.813

edicións