Pobos xermánicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 83.43.149.246 (conversa); cambiado á última versión feita por Prebot
Toliño (conversa | contribucións)
algún arranxo
Liña 1:
Os '''Xermanospobos xermánicos''' habitaban a rexión de [[Europa]] situada alén das fronteiras do [[Imperio Romano]], entre os ríos [[Reno]], [[Danubio]] e [[Vístula]] e os mares do [[Mar do Norte|Norte]] e [[Mar Báltico|Báltico]], denominada [[Xermania]]. Eran considerados "[[bárbaros]]" polos [[Roma Antiga|romanos]] (do grego ''βάρβαροι'', bárbaroi = estranxeiros, que non falan a lingua grega), pois non posuían a mesma cultura. Dividíanse en numerosas tribos.
 
==Orixes==
 
[[Ficheiro:Nordic Bronze Age.png|right|200px|thumb|Mapa da cultura da [[Idade do Bronce Nórdica]], cerca de [[-1200]]]]
 
[[Ficheiro:Pre-roman iron age (map).PNG|right|200px|thumb|Mapa das culturas da Idade do Ferro Prerromana relacionadas coa lingua protoxermánica, c. [[-500]]-[[-60]].]]
 
Liña 18 ⟶ 16:
 
==Período histórico==
 
===Primeiros contactos===
 
Os primeiros contactos dos xermanos cos romanos ocorreron no ano [[-113]], con derrotas para os romanos. Pouco despois, o xeneral Mario mudou moito o exército e conseguiu algunhas importantes vitorias sobre os xermanos, de estatura moito superior aos romanos. [[Xulio César]] ([[século -I]]) escribiu algo sobre os xermanos. Nese período, as tribos xermánicas vivían en aldeas rudimentarias, practicando unha economía comunal baseada na agricultura, na gandería e nas pillaxes. Cando as terras se esgotaban, partían á procura de outras. As áreas cultivábeis e os bosques eran de uso común para os habitantes das aldeas. Apenas os rabaños permanecían como propiedade particular, constituíndo a principal riqueza dos guerreiros.
 
===A penetración xermánica no Imperio Romano===
:Ver artigo{{Artigo principal [[|Invasións bárbaras]].}}
 
:Ver artigo principal [[Invasións bárbaras]].
 
Pódese distinguir dúas grandes fases da penetración dos pobos xermánicos no [[Imperio Romano]]:
 
Liña 49 ⟶ 43:
 
==Características==
 
Os pobos xermánicos nós estaban organizados socialmente en Estados, senón en comunidades tribais.
 
Liña 70 ⟶ 63:
 
==Estrutura económica ==
 
Entre as principais actividades económicas, destacábanse a [[agricultura]] ([[trigo]], [[cebada]], [[centeo]], [[legume]]s etc.) e a [[gandería]] (bois, carneiros). Ao principio, a propiedade da terra pertencía a todo o clan, sendo que os seus membros tiñan o dereito de ter en usufruto determinadas áreas. Entre tanto, en función das necesidades colectivas, os bosques, os pastos e a auga eran explotados de forma comunitaria. Era considerada propiedade individual apenas a casa familiar, pois representaba o templo dos deuses domésticos e o lugar e veneración aos antepasados.
Malia con produción modesta, os xermanos dedicábanse á industria metalúrxica, fabricando belas e eficientes armas metálicas (lanzas, longas espadas, machados). Producían, tamén, obxectos cerámicos e pezas de ourivesaría de grande valor.
Liña 87 ⟶ 79:
 
===Relixión===
 
Os xermanos adoraban as forzas da natureza (trebón, sol, raio, lúa). Entre os principais deuses, encontrábanse: [[Wodan]] ([[Odín]]), señor dos mortos, do comercio, da guerra e das tempestades, [[Thor (deus)|Thor]] ([[Donar]]), protector dos labregos, cuxos brazos lanzaban raios, e [[Tiwaz]], deus que gobernaba o ceo e dirixía as asembleas. A cerimonia relixiosa dos xermanos era bastante simples. O culto era celebrado no alto dunha montaña sagrada, xunto a unha árbore ou unha fonte. Crían na vida despois da morte e dicían que os guerreiros mortos nos campos da batalla eran levados polas [[valquiria]]s (deusas da guerra) até unha especie de paraíso, denominado [[Walhalla]]. Dicían, tamén, que aqueles que morrían de vellos ou por doenza estaban destinados ao [[Hell]], unha especie de reino das tebras.
 
===Dereito===
 
Non existían, entre os xermanos, normas xurídicas escritas. As relacións sociais eran regulamentadas por normas consuetudinarias, que se transmitían oralmente de xeración a xeración. A ordalía era un tipo de proba xudicial frecuentemente utilizada nos xuízos e consistía en someter o acusado ao suplicio do fogo ou á inmersión en auga. Se o acusado resistir ao suplicio, era considerado inocente.
 
===Pensamento e artes===
 
Absorbidos en tarefas inmediatas, como a guerra, a agricultura e a caza, os xermanos non se empeñaban en rexistrar de modo especifico a súa visión de mundo e o seu pensamento social. Tiñan unha escrita ([[alfabeto rúnico|runas]]), que se encontra gravada en xoias e en armas, pero a súa función era, basicamente, decorativa e máxica (protexer o dono do obxecto). Xa no plano artístico, os xermanos deixaron importantes realizacións no que se refire á ornamentación de obxectos (armas, cintos, brazaletes, colares, aneis etc.). Os deseños decorativos baseábanse en animais estilizados e en motivos xeométricos, sendo utilizadas, principalmente, a [[roda]] e a [[cruz (símbolo)|cruz]]. Os xermanos non se dedicaron ao deseño da figura humana.
 
==Pobos xermánicos==
 
*[[godos]]
**[[visigodos]]
Liña 120 ⟶ 108:
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
 
==Outros artigos==
 
* [[Arte prerrománica]]
* [[Arte dos pobos xermánicos]]