Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Cadea alimentaria
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 100:
 
Será por deformación profesional pero o meu concepto de "[[cadea alimentaria]]" é a sucesión de transformacións dos alimentos desde a granxa á mesa, e a ese concepto enlazan artigos como [[rastrexabilidade]], [[seguridade alimentaria]] e [[alimentos tranxénicos]]. Certo é que hai moito máis que enlazan a cadea alimentaria co significado de [[cadea trófica]], que gaña por goleada, pero o caso é que me deixas sen alternativa. ¿Que título dar agora ó que eu entendo como cadea alimentaria? Saúdos, Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 20:57, 30 decembro 2008 (UTC)
 
== Grupos taxonómicos como título ==
 
Boas, rei Carlos. Atrévome a encargarche un traballiño que sei que saberás resolver sen grandes problemas. Seguro que xa notaches que a categorización de termos biolóxicos (concretamente [[:Ccategoría:Botánica|Botánica]] e [[:Categoría:Zooloxía|Zooloxía]]) é irregular e vacilante, e que hai que meterlle man para crear un pouco de orde. A norma aprobada hai tempo é utilizar, como título, o nome común, en singular, para artigos que describan plantas e bichos, redireccionando o nome científico; só se titularían con este cando non exista nome común galego. Verás que esta norma non se cumpre en demasiadas ocasións.
 
A segunda parte desta norma, que é a que agora me interesa, leva a utilizar como título tamén o nome común singular nos artigos sobre '''grupos taxonómicos'''. Podo entende-lo do nome común, pero non o singular. Tanto o DRAG como o DRAE establecen que estas denominacións colectivas sexan en plural. O caso é que isto se cumpre moito menos, e así temos [[monocotiledóneas]] (pl) e [[dicotiledónea]] (sing), [[cnidaria]] e [[cnidarios]], [[artiodáctilo]] e [[mamífero]] fronte a [[antropomorfos]] ou [[aristoloquiáceas]], e así mil exemplos máis.
 
Eu teño, entre outras, a teima da coherencia interna e por iso moléstanme especialmente estes distintos tratamentos. Non me preocupa gran cousa que se escriban en singular ou en plural, sempre que se faga da mesma forma. Sei que as nosas normas están aí para cumprilas... ou para propoñe-los cambios que se vexan oportunos. E aí entras ti: pídoche que lle botes un vistazo e propoñas unhas liñas directrices á hora de titular e de categorizar. Logo someterémolas a consenso ou, se fose preciso, a votación. Xa me contarás que opinas. Saúdos, Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 16:16, 31 decembro 2008 (UTC)