Jorge Manuel Theotocópuli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m ordén na categoria
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
Liña 6:
Jorge Manuel, fillo do Greco e de Jerónima de las Cuevas, naceu en [[Toledo]] en [[1578]], no mesmo ano no que o pai contrataba “O Expolio” para a catedral da cidade.
 
Aprendeu a técnica pictórica do seu propio pai, realizando numerosas réplicas dos seus cadros, ou completando detalles; así atribúeselle o plano de Toledo na “Vista e plano de Toledo” (ca. 1610-1614), en razón da súa pericia como arquitecto. Jorge Manuel traballou na [[catedral de Toledo]], da que foi nomeado mestre- maior en [[1625]] e ergueu a Casa consistorial da cidade a partir dun proxecto anterior de [[Juan de Herrera]].
 
Jorge Manuel figura retratado –neno aínda ou xa medrado- en diversos cadros do seu pai, como no célebre ''[[Enterro do conde de Orgaz]]'' (igrexa de Santo Tomé, Toledo), na mesma ''Vista e plano de Toledo'' (Casa Museo de El Greco, Toledo) ou no ''San Luís de Francia'' (Museo do Louvre, París). Casou dúas veces, acabando arruinado a causa dun preito co [[Hospital Tavera]], cuxo resultado foi o embargo dos seus bens.
Liña 15:
===Pintura===
 
* ''RetábuloRetablo de [[Titulcia]]'' ([[provincia de Guadalajara|Guadalajara]])
* ''Retrato de San Luís de Francia'', [[Casa Museo de El Greco]], Toledo, réplica con variantes no fondo dunha obra homónima do seu pai (Museo do Louvre).
* ''Retrato do cardeal Bernardo de Sandoval y Rojas''
Liña 22:
===Arquitectura===
 
* ''Casa consistorial'', Toledo, obra na que seguíuseguiu planos anteriores (1575) de [[Juan de Herrera]].
* ''Cúpula barroca'' (1631), no lado esquerdo da fachada da catedral de Toledo, sobre tambor gótico de Egas (1519), cubrindo a capela mozárabe.
* ''Sacristía'' da catedral toledana, Jorge Manuel continuou desde 1621 as obras que iniciaran [[Nicolás de Vergara o Novo]] e [[Juan Bautista Montenegro]].