Vélaro de ouro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m non foi a posta
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:Jason Pelias Louvre K127.jpg|thumb|[[Xasón]] (á esquerda) segurando o vélaro de ouro.]]
 
O [[vélaro]] é toda a la dun carneiro ou ovella que sae xunta ao rapalos. Segundo a [[mitoloxía grega]], [[Atamante]], rei da cidade de [[Orcómeno]] en [[Beocia]] (unha rexión do sueste de Grecia), tomou como primeira esposa á deusa nube [[Néfele]], con quen tivo dous fillos, [[Hele]] e [[Frixo]]. Máis tarde namorouse e casou con [[Ino]], a filla de [[Cadmo]]. Ino tiña celos dos seus fillastros e planeou matalos. (Nalgunhasnalgunhas versións, persuadiu a Atamante de que sacrificar a Frixo era a única forma de acabar cunha fame negra). Néfele ou o seu espírito apareceuse aos nenos cun carneiro alado cuxa la era de ouro. Os nenos fuxiron montando o carneiro sobre o mar, pero Hele caeu e afogou no estreito hoxe chamado no seu honor [[Helesponto]]. O carneiro levou a Frixo san e salvo ata a [[Cólquida]], á afastada (oriental) praia do [[Mar Negro]]. Frixo sacrificou entón o carneiro e colgou a súa pel dunha árbore (ás veces un carballo) nun arboredo consagrado a Ares, onde foi gardada por un dragón. Alí permaneceu ata que [[Xasón]] se fixo con ela ao cabo da célebre viaxe dos [[Argonautas]]. O carneiro converteuse na constelación [[Aries]].