Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «cara os»
Liña 38:
A Inquisición tamén foi instalada nos vicerreinados americanos, pero foi abolida logo da secesión.
 
==A Inquisición española en GalizaGalicia==
Para [[Emilio González López]],<ref>González López (1970), pp. 29-35</ref> os profundos efectos ideolóxicos, culturais, sociais e institucionais da [[contrarreforma]] tridentina apenas alcanzaron Galiza. O Santo Oficio da Inquisición, órgano coercitivo encargado do perseguimento de toda disidencia relixiosa, non despregou no país a intensa actividade represiva que seguiu noutros territorios da Monarquía Hispánica. A razón principal do atraso na implantación dun tribunal da Inquisición española en Galiza foi precisamente a necesidade de mobilizar recursos económicos e humanos para rematar cos grandes focos intelectuais e relixiosos de protestantismo e continuar a brutal represión dos colectivos conversos en Castela, Andalucía, Valencia ou Aragón. De feito, Galiza converteuse nun refuxio de numerosos conversos, protestantes e xudeus fuxindo do celo inquisitorial e na procura das súas fronteiras marítimas ou terrestres con Portugal na espera de abandonar o país ou mesmo ficar nel.
[[Ficheiro:Sambenito Tui-1.jpg|miniatura|Sambenitos do Museo Diocesano de Tui (Pontevedra)]]