Cova de Altamira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m nova clave para a Categoría:Covas de España: "Altamira" mediante HotCat
Liña 20:
A cova ten 270 metros, e consiste nunha serie de corredores e cámaras entrelazadas. O cubículo principal ten unha altura variábel, que oscila entre dous e seis metros. Formouse grazas aos afundimentos provocados por fenómenos [[Carst|cársticos]] que se desenvolveron sobre a rocha [[Carbonato de calcio|calcárea]] dos [[montes Vispieres]].
 
As escavacións [[Arqueoloxía|arqueolóxicas]] efectuadas no fondo da cova sacaron á luz ricos depósitos de arte do período [[Solutrense|solutreanoi]] superior (datábeis arredor de 18.500 anos atrás) e máis do período [[Magdaleniano]] inferior (entre uns 16.500 e 14.000 anos). A gruta foi utilizada só por animais salvaxes no longo período intermedio entre as dúas ocupacións por seres humanos. O lugar áchase sito nun punto estratéxico para poder aproveitar a rica [[fauna]] que habitaba as valgadas das montañas circundantes. Hai uns 13.000 anos unha freita bloqueou a entrada da caverna, preservando así o que contiña até a descuberta moderna, posibilitada pola caída dunha árbore.
 
A ocupación humana estivo limitada á entrada da cova, aínda que as pinturas se realizaron en toda a extensión da mesma. Os anónimos artistas usaron [[carbón]] procedente de vexetais queimados, e máis [[ocre]] ou [[hematita]], para pintar, con frecuencia diluíndo as [[cor]]es para conseguir matices e crear así efectos de [[claroscuro (arte)|claroscuro]]. Aproveitaron tamén os perfís naturais dos muros da cova para producir a impresión de tridimensionalidade dos corpos. O ''Teito Polícromo'' é a obra máis lograda e mostra un rabaño de [[bisonte]]s en diferentes posicións, dous [[cabalo]]s, un gran [[cervo]] e o que semella un [[Porco|porco bravo]].