Copa menstrual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «púbico»
Sen resumo de edición
Liña 46:
==== Estabelecemento no mercado ====
[[Ficheiro:Diva_Cup_and_the_Keeper.jpg|alt=|miniatura|The Keeper (dereita), fabricada en látex, presente no mercado desde 1987. Á esquerda, modelo Diva Cup, de silicona transparente. As bolsas de tea son para gardalas entre usos.]]
Na década de 1970 caeu a venda de tampóns nos Estados Unidos polo rexistro de casos de [[síndrome de choque tóxico|síndrome de shock tóxico]], asociados ao seu uso. Isto propiciou a consolidación dun sector que buscaba alternativas, entre elas, a copa menstrual. Outros factores eran a difusión de ideas sobre [[ecoloxía]] e [[espiritualidade]] asociadas á menstruación.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Felitti|2017|p=40}}</ref> En 1987, Lou Crawford comezou a fabricar a copa de [[látex]] The Keeper, en [[Cincinnati]], Estados Unidos, que na actualidade segue no mercado.<ref name="ps"/> A presentación orixinal incluía dous talles: un para usuarias nulíparas e outro, máis grande, para as que xa experimentaran [[Parto|partos vaxinais]]. A Administración de Medicamentos e Alimentos (FDA) requiriu advertir sobre unha posíbel alerxia ao látex.<ref name="nurse">{{Cita web|apelidos1=Wysock|título=New Options in Menstrual Protection|url=httphttps://nurse-practitioners-and-physician-assistants.advancewebinterwest.com/Editorialcontact/Content/Editorial.aspx?CC=182215|obra=|lingua=en|data=1 de novembro de 1997|data-acceso=8 de marzo de 2021|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110809125902/http://nurse-practitioners-and-physician-assistants.advancewebinterwest.com/Editorial/Content/Editorial.aspx?CC=182215|dataarquivo=9 de agosto de 2011|páxina-web=nurse-practitioners-and-physician-assistants.advancewebinterwest.com}}</ref>
 
En 1989 a empresa australiana Chattan Australia Pty Ltd. desenvolveu Gynaeseal, un colector menstrual descartábel de látex con aplicador e colector de plástico chamado «tampón diafragma». O deseño era similar a un disco menstrual e estaba orientado a persoas que practicaban planificación familiar natural, o que permitía a penetración durante a menstruación.