Diáspora galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
{{Lenda|#aaeeff|+ 1,000}}]]
Coñécese como '''diáspora galega''' o proceso de [[emigración]] masiva do [[pobo galego]] que se produciu durante as tres últimas décadas do [[século XIX]] ata ben pasada a metade do [[século XX]]. Así, entre [[1850]] e [[1960]] marcharon cara a [[América]] máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior.<ref name=":5">{{Cita web |url=http://consellodacultura.gal/especiais/historias-de-ida-e-volta/detalle.php?e=7099&c=7100 |editorial=[[Consello da Cultura Galega]] |título=Historias de ida e volta |data-acceso=25/9/2023}}</ref> O historiador [[Antonio Eiras Roel]]<ref>{{Cita libro |apelidos=Eiras Roel |nome=Antonio |ano=1992 |capítulo=La emigración gallega a las américas en los siglos XIX y XX: nueva panorámica revisada |título=Aportaciones al estudio de la emigración gallega. Un enfoque comarcal |páxina=189 |editorial=Xunta de Galicia |isbn=84-453-0628-6 |lingua=es}}</ref> estima en 2&nbsp;041&nbsp;603 o número de galegos emigrados a América entre o 1836 e 1960, o 38,5&nbsp;% do total de migrantes españois (5&nbsp;311&nbsp;906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a [[Irlanda]]<ref>{{Cita libro |apelidos=Eiras Roel |nome=Antonio |ano=2009 |capítulo=Las grandes migraciones de la transición demográfica |título=La emigración en el cine |editorial=[[universidade de Santiago de Compostela|Universidad de Santiago de Compostela]] |isbn=978-84-9887-124-1 |páxinas=54-56 |lingua=es}}</ref> nos momentos álxidos das correntes migratorias, por exemplo a emigración galega ao Uruguai e á Arxentina restableceuse en 1840 e en 1860 a intensidade do éxodo nalgunhas comarcas atlánticas superaba a de moitos condados irlandeses.<ref>{{Cita libro|título=A emigración azoriana e galega: unha perspectiva comparada|apelidos=Moya|nome=José C.|editorial=Consello da Cultura Galega|ano=2015|ISBN=978-84-92923-63-2|páxina=27}}</ref>
 
O termo Galegos na Diáspora, foi utilizado polo fotoxornalista e antropólogo visual galego Delmi Álvarez no seu longo proxecto de fotografía documental Galegos na Diáspora entre 1989 e 2009 cunha primeira publicaci;on pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Este proxecto documental é o maior traballo de investigación da Diáspora Galega nos cinco continentes: Europa, as Américas, Asia e Oceanía e África. Cunha axuda inicial do Consello da Cultura Galega e autofinanzamento do propio autor, Galegos na Diáspora se convirte nunha fonte de consulta desde unha perspectiva visual e histórica con relatos de galegas e galegos máis aló do Padornelo. Este traballo documental non acadou a relevancia e apoio natural e nunca tivo unha presentación oficial merecida en homenaxe e recoñecemto a diáspora espallada polo mundo.
 
Posteriormente, xa na segunda década do [[século XXI]], por mor da crise en [[Galicia]] e [[España]], iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de [[Europa]] ([[Alemaña]] e [[Inglaterra]]), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.<ref>{{Cita publicación periódica |apelidos=Blanco Álvarez |nome=José |apelidos2=González López |nome2=Manuel |ano=2022 |título=Emigración y fuga de cerebros en Galicia, 2001-2019 |url=https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/7961/11838 |revista=Revista Galega de Economía |volume= 31|número=1 |issn=1132-2799 |lingua=es}}</ref>