Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 14: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m {{pé}}
Piquito (conversa | contribucións)
Etiqueta: Revertida
Liña 104:
; Espazo de debate:
*No tocante aos equipos de fútbol (e equipos deportivos en xeral), pensei que o mellor sería serguir ás fontes, e traducilos só de haber fontes que os traduzcan (CRTVG e outros medios de comunicación fiables en galego). Prescindiría dos manidos "FC" e variantes, xa que non adoitan ser necesarios (o Bayern de Múnic máis coñecido é o de fútbol, non é preciso engadirlle un FC diante, e tentamos empregar o '''nome máis común'''). E, por suposto, os "estadios e pavillóns" os traduciría. Saúdos! --[[Usuario:Norrin strange|Norrin]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fálame]])</sup> 24 de xullo de 2014 ás 18:07 (UTC)
*Concordo en que hai que ser coherentes cos títulos, porén discordo un pouco co procedemento a seguir. Eu traduciría unicamente os clubs galegos, porque a realidade é que fontes fiables para traducir equipos deportivos ao galego so as atoparemos para o fútbol, que lamentablemente é case o único deporte te levisado en galego, poño un exemplo: como lle chamamos ao [[Ilves|Tampereen Ilves]]? Ilves de Tampere? Linces de Tampere? Tampere Ilves? O lóxico sería a primeira, pero o "de" soa extraño. Sobre o FC, HC, BM, CB... eu considero que debe poñerse sempre, aínda que eu mesmo caín no erro, como no exemplo anterior, xa que non en todos os casos se debe quitar (entendo eu), por exemplo co FC Barcelona, que comunmente é o Barça (non moi axeitado para unha enciclopedia) ou o Barcelona (que é a cidade). Sobre as competicións... queda raro chamarlle Asociación Nacional de Baloncesto á NBA, a Liiga finlandesa é o nome que ten (máis curto por certo que un hipotético "liga de hóckey sobre xeo de Finlandia"). A miña proposta de política é a seguinte:
:Os nomes de clubs e competicións se escribirán co seu nome orixinal cunha redirección dende a tradución ao galego e as denominacións comerciais. Os nomes dos equipos irán coa forma completa (por exemplo "FC Bayern München"). Traduciranse os nomes das competicións que disputen ou podan disputar equipos galegos, así como os nomes dos clubs deportivos galegos.