Guerras médicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 89:
Asaltada por unha violenta treboada, no momento de dobrar o cabo do [[monte Athos]], a frota perde a metade das súas naves (segundo a revista ''[[Sciences et avenir]]'' estaba prevista unha expedición arqueolóxica en xuño de [[2004]] para atopar os restos deste naufraxio). Despois, un ataque de tribos de [[peonios]] que sorprenderon ao campamento persa provoca numerosas vítimas. En total, as fontes contan máis de 30.000 mortos entre os dous acontecementos. Certamente, cómpre desconfiarmos das cifras dos efectivos militares e das perdas anunciadas, pero está claro que Mardonio debe dar a orde de retirada. Isto non bota para atrás a Darío, simplemente estima agora necesario preparar a seguinte expedición con máis minuciosidade.
 
=== A expediciónexposición persa de 490 a.C. ===
Todo o ano [[-491]] conságrase aos preparativos militares e diplomáticos desta ofensiva. Numerosas cidades gregas reciben embaixadores que pedían a súa submisión. Algunhas cumpren a orde, pero Atenas e Esparta rexéitana e matan (segundo Heródoto) os embaixadores persas, sen deixaren de tomar verdadeiras medidas para adiantarse á futura ofensiva.