Samaín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfíxose a edición de 83.35.85.7 (conversa); cambiado á última versión feita por Breobot
Etiqueta: Reversión
Liña 5:
Crese que o Samaín ten a súa orixe no [[politeísmo celta]] e existen evidencias de que foi unha data de importancia dende a antigüidade. Algunhas [[tumba de andadeiro|tumbas de andadeiro]] [[Neolítico|neolíticas]] de Irlanda están aliñadas co amencer na época do Samaín. É mencionado nalgúns textos irlandeses antigos e moitos eventos importantes da [[mitoloxía irlandesa]] ocorren ou comezan no Samaín. Era o momento no que o gando baixaba dos pasteiros de verán e era sacrificado durante o inverno. Ó igual que no [[Beltane]], acendíanse [[fogueira]]s especiais. Isto era considerado como formas de protección e limpeza e había rituais específicos que implicaban as fogueiras.<ref name="O'Driscoll">O'Driscoll, Robert (ed.) (1981) ''The Celtic Consciousness'' New York, Braziller {{ISBN|0-8076-1136-0}} pp.197–216: Ross, Anne "Material Culture, Myth and Folk Memory"; pp.217–242: Danaher, Kevin "Irish Folk Tradition and the Celtic Calendar"</ref> Coma no Beltane, o Samaín era considerado como un tempo [[Liminalidade|liminal]], cando os límites entre este mundo e o Outro mundo podían cruzarse máis facilmente. Isto significaba que os ''[[Sidhe|Aos Sí]]'', os 'espíritos' ou '[[fada]]s', podían chegar máis facilmente ó noso mundo. Moitos estudosos consideran os ''Aos Sí'' como restos dos deuses pagáns e espíritos da natureza. No Samaín, críase que os ''Aos Sí'' tiñan que ser propicios para asegurar que as persoas e o gando sobrevivisen o inverno. As ofrendas de comida e bebida deixábanse no exterior para eles. Tamén se pensaba que as almas dos mortos volvían para visitar os seus fogares buscando hospitalidade. Celebrábanse banquetes, nos cales as almas dos familiares mortos eran convidadas a asistir e tiñan un lugar na mesa para eles. As carautas e disfraces formaban parte do festival, e implicaba que as persoas ían de porta en porta recitando versos en troques de comida. Os disfraces podían ser un xeito de imitar ou asemellarse ós ''Aos Sí''. Os rituais de [[adiviñación]] e os xogos formaban unha parte importante do festival e requirían noces e mazás. A finais do século XIX, [[John Rhys]] e [[James George Frazer]] suxeriron que era como un "Aninovo celta", e este punto de vista foi repetido por outros estudosos.<ref name="Stations363">Hutton, Ronald (1996) ''Stations of the Sun: A History of the Ritual Year in Britain''. Oxford, Oxford University Press {{ISBN|0-19-288045-4}}, p. 363.</ref>
 
No [[século IX]], a [[cristianismo|igrexa cristiá]] cambiou a data do [[Día de Tódolos Santos]] dende o mes de maio até o 1 de novembro, ó tempo que o 2 de novembro se converteu no [[Día dos Fieis Defuntos]]. Co tempo, o Samaín e o Día de Tódolos Santos [[sincretismo|fusionáronse]] para crear a moderna festa do [[Halloween]].<ref name = "OED">{{Cita libro | nome = John | apelido = Simpson |autor2=Weiner, Edmund | título = Oxford English Dictionary | url = https://archive.org/details/oxfordenglishdic6simp | edición = segunda | ano = 1989 | editorial = Oxford University Press | localización = Londres|isbn = 0-19-861186-2 | oclc = 17648714}}</ref> Os historiadores empregaron o termo 'Samaín' para se referiren ós costumes celtas do 'Halloween' até o século XIX.<ref name="hutton365-369">[[Ronald Hutton|Hutton, Ronald]]. ''The Stations of the Sun: A History of the Ritual Year in Britain''. Oxford University Press, 1996. pp.365–369</ref>
 
Dende finais do século XX, os [[Neopaganismo celta|neopagáns celtas]] e a [[Wicca]] consideran o Samaín, ou algo baseado nel, como unha festividade relixiosa.<ref name="Hutton">{{Cita libro|apelido=Hutton |nome=Ronald |ligazónautor=Ronald Hutton |título=The Pagan Religions of the Ancient British Isles: Their Nature and Legacy |ano=1993 |url=https://archive.org/details/paganreligionsan00hutt |editorial=Oxford, Blackwell |isbn=0-631-18946-7 |páxinas=[https://archive.org/details/paganreligionsan00hutt/page/n351 327]–341}}</ref>
Liña 22:
 
== Historia ==
Na [[Irlanda celta]], ''Samain'' ou ''Samuin'' era o nome dos festivais (ou ''feis'') que marcaban o comezo do inverno. Está rexistrado na literatura irlandesa antiga, dende o [[século X]]. Era un dos catro festivais estacionais celtas: Samaín (~1 de novembro), [[Imbolc]] (~1 de febreiro), [[Beltane]] (~1 de maio) e [[Lughnasadh]] (~1 de agosto). Crese que o Samaín e Beltane, en tempos opostos do ano, eran as máis importantes. [[James George Frazer]] escribiu en ''[[The Golden Bough|The Golden Bough: A Study in Magic and Religion]]'' que o 1 de maio e o 1 de novembro eran datas de pouca importancia para os agricultores europeos, pero de grande importancia para os pastores. Sinalaban o comezo do verán, cando o gando é levado ós pasteiros de verán nas terras altas, e o comezo do inverno verano, cando eran traídas de volta. Deste xeito, Frazer suxire que a metade do ano, o 1 de maio e o 1 de novembrennovembre, era unha data importante para os celtas por seren un pobo principalmente pastor e dependente dos seus rabaños.<ref>[[James George Frazer|Frazer, Sir James George]]. ''[[The Golden Bough]]: A Study in Magic and Religion''. Forgotten Books, 2008. p.644</ref>
 
Algunhas tumbas de andadeiro [[Neolítico|neolíticas]] de Irlanda están aliñadas co amencer nas datas do Samaín e Imbolc. Entre elas salientan o [[Mound of the Hostages]] (''Dumha na nGiall'') no [[outeiro de Tara]],<ref>Anthony Murphy & Richard Moore. ''Island of the Setting Sun: In Search of Ireland's Ancient Astronomers''. Liffey Press, 2006. p. 81</ref> e [[Loughcrew|Cairn L]] en [[Slieve na Calliagh]].<ref>Brennan, Martin. ''The Stones of Time: Calendars, Sundials, and Stone Chambers of Ancient Ireland''. Inner Traditions, 1994. pp. 110–111</ref>