Pobo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 6510803 de Paníber (conversa)
Etiquetas: Desfacer Revertida
Liña 80:
Os galegos teñen os seus propios costumes, [[Cultura de Galicia|cultura]], [[Lingua galega|lingua]], [[Música tradicional galega|música]], [[Muiñeira|danza]], [[Loita Tradicional Galega|deportes]], [[Arte de Galicia|arte]], [[Gastronomía de Galicia|cociña]] e [[mitoloxía galega|mitoloxía]]. O [[Lingua galega|galego]], lingua romance derivada do [[lingua latina|latín]] que se falaba na antiga [[Gallaecia]] romana, é a [[lingua propia]] de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co [[lingua portuguesa|portugués]] (co que mantén un 85% de [[Intelixibilidade mutua|intelixibilidade]])<ref>[http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=glg Ethnologue].</ref> e semellante a outros romances ibéricos tales coma o [[lingua asturiana|asturiano]] ou o [[Lingua castelá|castelán]].
 
Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso [[Gallaecia|galaico]] [[Prisciliano]] foi o principal impulsor do [[priscilianismo]], unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia.{{sfn|McGuckin||p=284|||2004}} O cristián do [[século X]] [[Paio (mártir)|Paio]], foi canonizado pola [[Igrexa católica]]. O explorador [[Joan de Novoa]] foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da [[illa de Ascensión]] e de [[Santa Helena]], e [[Luís Vaz de Torres]] foi un navegante e o primeiro europeo en ver [[Australia]], levando o seu nome o [[estreito de Torres]]. Famosos escritores galegos foron [[Rosalía de Castro]], [[Emilia Pardo Bazán]], [[Álvaro Cunqueiro]], [[Manuel Curros Enríquez]] e o [[Premio Nobel de Literatura]] [[Camilo José Cela]]. O futbolista [[Luis Suárez Miramontes]] é considerado un dos mellores xogadores do [[século XX]].<ref>[http://www.rsssf.com/miscellaneous/iffhs-century.html#spanpoy Spain - Player of the Century], rsssf.com, consultado el 4 de marzo de 2010</ref> Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o [[presidente de Cuba]], [[Fidel Castro]],<ref>{{cita novas|apelidos=Lombao|nome=David|título=Morre Fidel Castro, o 'galego' que marcou a historia de Cuba|url=http://praza.gal/mundo/13159/morre-fidel-castro-o-galego-que-marcou-a-historia-de-cuba/|dataacceso=30 de novembro de 2016|obra=Praza Pública|data=26 de novembro de 2016}}</ref> o militar e ditador español, [[Francisco Franco]], o presidente da [[Arxentina]], [[Raúl Alfonsín]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2009/04/01/00031238613333639210626.htm Ribadumia rinde homenaje a Alfonsín] [[La Voz de Galicia]] 1 de abril de 2009</ref> e o presidente do [[Uruguai]], [[Tabaré Vázquez]],<ref>{{cita novas|apelidos=Lombao|nome=David|título=O presidente do Uruguai busca empresas investidoras en Galicia, "o meu pobo"|url=http://praza.gal/politica/13179/o-presidente-do-uruguai-busca-empresas-investidoras-en-galicia-o-meu-pobo/|dataacceso=30 de novembro de 2016|obra=Praza Pública|data=29 de novembro de 2016}}</ref> alén de personalidades do mundo do espectáculo, como [[A Bela Otero]], [[Julio Iglesias]], [[Manu Chao]] ou [[Martin Sheen]].
 
A poboación de Galicia é de 2&nbsp;718&nbsp;525 habitantes ([[2016]]), pero por mor da emigración de finais do [[século XIX]] e comezos do [[século XX|XX]], é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do [[América|continente americano]]. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da [[diáspora galega]], estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega,<ref>{{Cita web|título=Elecciones gallegas|url=https://www.elmundo.es/especiales/2001/10/nacional/eleccionesgallegas/emigrantes.html|páxina-web=www.elmundo.es|data-acceso=18 de febreiro de 2019|lingua=es}}</ref> moitas delas reunidas nos ''Centros Galegos''.<ref>{{Cita novas|título=El 'lobby' ultramarino de los emigrantes gallegos|url=https://elpais.com/diario/2007/07/30/galicia/1185790690_850215.html|xornal=[[El País]]|data=2007-07-30|data-acceso=2019-02-18|issn=1134-6582|lingua=es|autor=}}</ref> O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na [[Arxentina]], con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a ''quinta provincia''.