Ramón Cabanillas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de XavierM.H10 (conversa); cambiado á última versión feita por Breobot
Etiqueta: Reversión
Liña 11:
 
== Traxectoria ==
Foi fillo natural de José Cabanillas Rodríguez (que o recoñeceu anos máis tarde) e Joaquina Enríquez García. O seu pai casou anos máis tarde con Peregrina Pérez, coa que tivo descendencia. Despois de abandonar a carreira eclesiástica en [[Santiago de Compostela|Compostela]], regresou a Cambados, onde traballou como funcionario do concello. En Cambados dirixiu o periódico ''[[El Umia (Cambados)|El Umia]]'' (1907) e despois ''[[El Cometa]]'' (1910). Incansábel lector, foi un autor decididamente monolingüe, de gran proxección pública, que xogou un papel determinante na superacióncarreiración dos moldes do Primeiro Renacemento, malia comezar a publicar a idade avanzada. Con trinta e catro anos emigrou a [[Cuba]] -posiblemente por mor de enfrontamentos de índole política-, onde residiu entre [[1910]] e [[1915]]. Alí entrou en contacto cos núcleos galeguistas que apoiaban o [[agrarismo]] galego e foi un dos fundadores da delegación na [[A Habana|Habana]] de [[Acción Gallega]]<ref>[[Jorge Domingo Cuadriello]] (2004) ''Españoles en Cuba en el siglo XX'' Editorial Renacimento: Sevilla, páx. 80.</ref> e alí coñeceu a [[Basilio Álvarez]] durante unha xira pola illa, e a [[Xosé Fontenla Leal]], que foi clave para que comezase a escribir en galego. Na Habana publicou ''No desterro'' ([[1913]]) e ''Vento mareiro'' ([[1915]]).
[[Ficheiro:Casa de Ramón Cabanillas en Cambados. Galiza CA05.jpg|miniatura|esquerda|200px|Casa natal.]]
De volta a [[Galiza]], traballou como secretario nos concellos de [[Mos]] (1916-1921), [[Moaña]], [[Cuntis]] e [[Redondela]]. Coñeceu de primeira man a loita agrarista. O compromiso co proxecto das [[Irmandades da Fala]] levouno a colaborar asiduamente no periódico ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', converténdose na voz lírica do movemento. Inicialmente próximo a posturas [[tradicionalismo|tradicionalistas]], axiña compartiu as teses de [[Vicente Risco]], cuxo proxecto estético e cultural influiría decididamente na súa produción posterior. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servizo da [[construción nacional]], abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía. Así, en ''Da terra asoballada'' ([[1917]]) (segunda edición de 1926, que só reproduce catro poemas da 1ª edición que ten un sentido máis crítico e social cá segunda) e nas novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas mantivo unha actitude educadora. Pretendeu concienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo. Con estes mesmos obxectivos redixiu, a instancias de [[Antón Villar Ponte]], a peza dramática ''[[A man de Santiña]]'' ([[1921]]). En colaboración con el comporía en [[1926]] a traxedia histórica ''O mariscal''.