España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «como Xapón»
Sen resumo de edición
Etiqueta: Revertida
Liña 151:
A primeira idea de Hispania/España como país materialízase coa monarquía visigoda. Os visigodos aspiraban á unidade territorial de toda Hispania e conseguírona coas sucesivas derrotas dos [[suevos]], [[vascóns]] e [[Imperio bizantino|bizantinos]]. A unidade relixiosa viría coa reconciliación de católicos e arianos e cos [[Concilios de Toledo|concilios da Igrexa visigoda]], un órgano no que, reunidos en asemblea, o rei e os bispos de todas as dioceses do reino sometían a consideración asuntos de natureza tanto política como relixiosa, con vocación de lexislar en todo o territorio nacional. Así, [[Isidoro de Sevilla|Santo Isidoro de Sevilla]] na súa ''Historia Gothorum'' aledábase porque [[Suintila]] "foi o primeiro que posuíu a monarquía do reino de toda España que rodea o Océano, cousa que a ningún dos seus devanceiros lle fora concedida...". A monarquía visigoda estableceu ademais unha capital que centralizaba tanto o poder político como o relixioso en [[Toledo|Toletum]] (actual ''Toledo''). Con todo, o carácter electivo da monarquía visigótica determinou case sempre unha enorme inestabilidade política caracterizada por continuas revoltas e asasinatos.
 
O declive da monarquía visigoda comeza arredor do ano [[689]], cando o [[islam]] chega á África máis noroccidental, e pouco tempo despois a guerra dinástica visigoda que enfrontaba os herdeiros do rei [[Vitiza (rei visigodo)|Vitiza]] co duque [[Rodrigo]]. Coa aparente usurpación de Rodrigo, os vitizanos chegan a un pacto cos exércitos musulmáns do norte de África, e así no ano [[711]], prodúcese un novo conflito bélico, a coñecida como [[batalla de Guadalete]], no que as tropas vitizanas e musulmás lograron depor a [[Rodrigo]]. Con este episodio, comeza a entrada do [[islam]] na [[Península Ibérica]] e a conversión da aristocracia visigoda en Hispania, converténdose esta nun [[Emirato de Córdoba|emirato]] ou provincia do imperio [[Árabes|árabe]] chamada [[Al-Ándalus]] con capital na cidade de [[Córdoba, España|Córdoba]].
 
O [[islam]] avanzou axiña polo sur da península. No ano [[712]] [[Toledo]] -a capital visigoda- caeu baixo gobernadores musulmáns. Dende entón, todas as cidades de Hispania foron capitulando, supoñendo a fin do período visigodo na [[Península Ibérica]]. Con todo, alén dos [[Pireneos]], os visigodos resistiron algúns anos máis na [[Septimania]], ata o [[719]]. A partir de entón, os exércitos do emirato dirixiron os seus esforzos cara ao outro lado dos Pireneos, contra o reino [[Imperio Carolinxio|Carolinxio]]. O noroeste da Península Ibérica, a antiga Gallaecia -especialmente a máis setentrional, foi porén a única entidade administrativa na que non penetrou o [[islam]]. Descoñécese se a aristocracia galega, asturiana ou vasca mantivo algún tipo de vasalaxe nominal co emirato, ou simplemente era un territorio inicialmente alleo á expansión.