Luís Seoane: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: Revertida
Liña 12:
[[Ficheiro:Luís Manteiga, Héctor Raurich e Luís Seoane en Santiago de Compostela en 1930.jpg|miniatura|[[Luís Manteiga]], Héctor Raurich e Seoane en [[Santiago de Compostela|Compostela]] en 1930.<ref>{{Cita novas |ligazónautor=Henrique Alvarellos |apelidos={{Versaleta|Alvarellos}} |nome=Quique |data=19/11/2017 |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/11/19/span-langglluis-seoane-santiago-1930span/0003_201711S19C11992.htm |título=Luís Seoane no Santiago de 1930 |xornal=[[La Voz de Galicia]] }}</ref>]]
=== Primeiros anos ===
Nado en Buenos Aires no ano [[1910]], fillo de Luis Seoane Brocos e María López Mosquera que casaran en Compostela o 18 de febreiro de 1909,<ref>''Gaceta de Galicia'',19-2-1909, p. 2. </ref> e [[Diáspora galega|emigraran]] a América. En [[1916]], con seis anos de idade, veu a [[Galicia]], instalándose na Coruña.<ref name="BIOFUNDA">[https://fundacionluisseoane.gal/gl/luis-seoane/biografia/ Biografía. Fundación Luís Seoane]</ref>, onde estivo uns meses, dando aquí comezo os seus [[escola primaria|estudos primarios]]. Porén, a súa nai recibiu unha herdanza dunha leira na parroquia [[O Pino|piñeira]] de [[Arca, O Pino|Arca]] e decidiron construír aí unha casa, que aínda hoxe se conserva e onde pasou boa parte da súa xuventude. Comezou a ir ao [[Instituto Xelmírez|Instituto de Santiago]], polo que só vivía na casa de sábado a luns na mañá e nos meses de verán. Ademais, preto do cemiterio municipal, ao sur da Igrexaigrexa, estaba a chamada Casa de Brey, que era onde vivía a súa avoa e o resto da familia materna, que visitaba a miúdo. Ao dar comezo os seus estudos universitarios, a familia mudouse a Santiago, deixando así a casa de Arca<ref>{{cita web |url=https://opino.gal/persoeiros-historicos/luis-seoane/ |título=Persoeiros históricos. Luís Seoane |páxina-web=Web oficial do Concello do Pino |dataacceso=18-8-2020}}</ref>.
 
Estudou [[Dereito]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde participou na actividade política e cultural estudantil. Nesta cidade mergullouse no ambiente das [[Irmandades da Fala]] e da [[Grupo Nós|Xeración Nós]], contactando cos novos escritores vinculados ás [[vangardas]].<ref name="FIGURAS">[https://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/15215 Figuras homenaxeadas. Luís Seoane] RAG.</ref> Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais. Militou na [[Federación Universitaria Escolar]].