Débeda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Etiquetas: Revertida Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 7:
Hoxe,{{cando}} o [[Banco|sistema bancario]] é un puntal esencial da economía de mercado. Os [[Banco central|bancos centrais]] controlan a emisión de [[Diñeiro|moeda]] e emiten [[débeda pública]]. Efectivamente, a débeda non é senón un medio para controlar a [[macroeconomía]] e a [[taxa monetaria]], un instrumento en función de varios índices: o [[crecemento económico]], a [[inflación]] ou o [[desemprego]] dun [[país]]. Co fin de asegurar a confianza dos diferentes axentes económicos, as débedas están reguladas pola [[lei]]. En [[Dereito]], o concepto de débeda forma parte do [[dereito]] das obrigacións.<ref>[http://www.legifrance.gouv.fr/affichSarde.do;jsessionid=471FA2C633DFE208CC087AA9A1B5ABED.tpdjo11v_3?reprise=true&page=1&idSarde=SARDOBJT000007110603&ordre=null&nature=null&g=ls Dette], na páxina web Legifrance.gouv.fr. Consultado o 27 de xuño de 2016.</ref> Pero as dinámicas complexas da débeda son dificilmente comprensibles e, a pesar do dereito, causan un risco certo sobre a [[economía]] ou as [[Sociedade|sociedades humanas]]. Non pode facerse caso omiso aos riscos exteriores, como o [[clima]] ou a [[saúde]] das persoas, nin á [[Psicoloxía|dimensión psicolóxica]] asociada á percepción do [[futuro]], do [[Valor económico|valor]] ou do risco nos seres humanos. Se os axentes económicos perden [[confianza]] no futuro ou na súa capacidade para cumprir as súas promesas, o fráxil equilibrio pode romper.
 
En [[contabilidade]], unha débeda é un [[pasivo]] ou un [[activo]], visto desde o punto de vista do [[debedor]] ou do [[acredor]], cuxo vencemento e importe están fixados de modo preciso. Neste sentido, as débedas dunha persoa, dunha empresa, dun país ou dunha [[institución]] son o conxunto dos préstamos que terá que reembolsar.<ref>{{Cita web|título=Debt management|url=https://www.my-quickloan.co.uk/blog/debt-management-taking-back-control-finances.html|páxina-web=|data=|data-acceso=|lingua=}}</ref>
 
== Notas ==