Magnencio

emperador romano entre 350 e 353

Flavius Magnus Magnentius, nado en Samarobriva, preto de Ambianum, Galia, no 303 e finado o 11 de agosto de 353, foi un emperador romano.

Infotaula de personaMagnencio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento303 Editar o valor em Wikidata
Amiens (Galia) Editar o valor em Wikidata
Morte11 de agosto de 353 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Lión Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Roman usurper (en) Traducir
18 de xaneiro de 350 – 11 de agosto de 353
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano e Antigüidade tardía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJustina (imperatriz) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDecêncio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Magnentius-1

Traxectoria editar

De orixe bárbara, uniuse ás lexións romanas, onde destacou polas súas cualidades militares. Chegou a ser comandante das lexións Herculianas e Xovianas[1], cando se produciu un descontento xeral dentro do exército polas accións do emperador Constante.

Este descontento levou a Magnencio a participar nunha conspiración que rematou co seu nomeamento como augustus por parte das lexións. Constante, vendo que perdera o favor do exército, fuxiu, pero un destacamento da cabalaría lixeira atópao en Helena, preto da fronteira con Hispania, nos Pireneos e asasínao. Se exceptuamos a rexión dos Balcáns, onde as tropas nomearan emperador a Vetranio, quen se mantiña fiel ao emperador Constancio II de Oriente, xa que este se apurou en recoñecelo coma césar e enviarlle unha coroa imperial, Magnencio era o verdadeiro emperador de Occidente, xa que as provincias de Hispania, Galia e Britania recoñecérono axiña, en parte pola súa política de tolerancia dos cristiáns. Na provincia de África tentou de gañala co nomeamento das persoas axeitadas que continuasen a súa política tolerante.

Pero a rebelión de Nepociano, membro da familia de Constantino, en Roma, pronto lle amosou que a coroa era moi feble se non conseguía estabilizala e rematar cos seus inimigos. Aínda que a rebelión foi prontamente sufocada, Magnencio nomeou o seu irmán Decencio (Magnus Decentius) coma césar e enviouno cara a Rhin para defender a Galia, e el dirixiuse aos Balcáns, enviando mensaxes a Vetranio para que se unise á súa causa. Pero o vello xeneral dirixiuse cara ao sur para se unir ás tropas de Constancio II, que abandonaran a guerra contra os persas para tentar de rematar con Magnencio. Cando conseguiu chegar a elas, Vetranio abdicou.

Mentres tanto, Magnencio trataba de xuntar a maior parte de tropas para o enfrontamento con Constancio II, pero a batalla tivo lugar en Mursa Maior no ano 351. A pesar de dirixir as tropas persoalmente e do seu heroísmo, Magnencio foi derrotado e as súas tropas tiveron que se retirar cara ás Galias. Cando o resultado da batalla chegou ás diferentes provincias, pouco a pouco foron abandonando a Magnencio, sendo Italia e Sicilia as primeiras en facelo. Pouco despois foron Hispania e África sen resistencia algunha.

Isto deu como resultado que, no verán do 353, Magnencio se atopase illado, preto de Lugdunum, dispoñéndose para a batalla no Mons Seleucus, que lle resultou catastrófica, xa que o seu exército rematou vencido.

Magnencio foi abandonado polos seus soldados e, despois de matar a súa nai e o seu irmán máis pequeno, suicídase en agosto do ano 353. Decencio, que se atopaba en Sens, tamén remata coa súa vida. Constancio II queda coma único emperador de todo o Imperio.

Notas editar

  1. Zósimo, Historia nea (Ίστορία νέα), ii 58
Imperio Romano

Segue a:
Constancio II
Magnencio
Precede a:
Xuliano o Apóstata
Casa de Constantino