Aitor Aranzabe

futbolista vasco

Aitor Aranzabe Etxabe, nado en Zaldibia o 28 de xuño de 1998, é un futbolista vasco, que xoga como extremo esquerdo no Sestao River, da Primeira División RFEF.

Aranzabe
Información persoal
Nome Aitor Aranzabe Etxabe
Nacemento 28 de xuño de 1998
Lugar de nacemento Zaldibia
Altura 1,76 m.
Posición Extremo esquerdo
Información de club
Club actual Sestao River
Número 7
Carreira xuvenil
2013–2017 Real Sociedad
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2020 Real Sociedad C 34 (5)
2019–2020 Real Unión 23 (1)
2020–2021 Real Sociedad B 21 (0)
2021–2022 Tudelano 33 (1)
2022– Sestao River 45 (5)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 14 de decembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira da Real Sociedad, na que ingresou aos 15 anos.[1] Xogou co equipo xuvenil na División de Honra e na tempada 2017/18 debutou coa Real Sociedad C na Terceira División, equipo ao que pasou totalmente na seguinte tempada e ao que capitaneou.[2] Para a tempada 2019/20 saíu cedido ao Real Unión, da Segunda División B,[2] co que disputou 23 partidos, anotando un gol ante o Salamanca. De regreso en Vitoria, militou na Real Sociedad B, proclamándose campión do Grupo II da Segunda B e logrando o ascenso á Segunda División.

Xa desvencellado da Real, en 2021 fichou polo Tudelano, co que debutou na Primeira División RFEF, competición que celebraba a súa primeira edición, pero non puido manter a categoría. A continuación pasou ao Sestao River, da Segunda División RFEF, co que conseguiu o ascenso á Primeira RFEF como campión de grupo. Contribuíu cun total de 32 partidos e 2 goles, e o seu contrato foi renovado por dúas tempadas máis.[3]

Notas editar

  1. "Aitor Aranzabe e Iñaki Recio han sido presentados" (en castelán). 12 de xullo de 2019. Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Aranzabe y Recio, cerca de llegar al Real Unión procedentes de la Real" (en castelán). 4 de xullo de 2019. Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  3. Olazabal, Peru (28 de xuño de 2023). "Se despeja la última incógnita del Sestao River" (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar