Víctor Martínez Rodríguez
avogado e político galego
Víctor Martínez Rodríguez, nado en Lugo en 1900 e finado na mesma cidade o 22 de maio de 1937, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 ![]() Lugo, España ![]() |
Morte | 22 de maio de 1937 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1931, foi secretario xeral da FUE.[1] Avogado establecido en Monforte de Lemos, militou na ORGA e despois integrouse en Izquierda Republicana da que foi elixido presidente da agrupación local en 1935. En marzo de 1936 foi nomeado concelleiro e elixido tenente alcalde de Monforte.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto e xulgado en Lugo por rebelión militar. Condenado á pena de morte, foi fusilado o 22 de maio de 1937.