Domingo de Basavilbaso

Comerciante de orixe vasca, creador do servizo de correos en Bos aires

Domingo de Basavilbaso de la Presa, nado en Llodio (Áraba) o 1 de setembro de 1709 e finado en Bos Aires o 9 de maio de 1775,[1] foi un comerciante de orixe vasca, emigrado a Bos Aires e que organizou o correo no vicerreinado do Río da Prata[2] e tamén instalou o primeiro alxibe para purificar a auga en Bos Aires.[3]

Domingo de Basavilbaso
Nacemento1 de setembro de 1709
Lugar de nacementoLaudio
Falecemento9 de maio de 1775
Lugar de falecementoBuenos Aires
SoterradoCatedral Metropolitana de Buenos Aires
NacionalidadeArxentina e España
Relixióncatolicismo
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De orixe bilbaíña, Domingo de Basavilbaso marchou a América para traballar co negocio dun tío seu en Montevideo cando tiña dezaoito anos. Casou cunha crioula de Bos Aires, María Ignacia de Urtubia y Toledo[4] en 1730, e estableceuse nesa cidade e accede á vida pública primeiro como alcalde do cabido (1736), e despois como síndico (1745) e rexedor (1767).

Por mor dos seus cargos viaxou por todo o Río da Prata que naquel entón carecía dunha rede de correos regular e Basavilbaso logrou autorización, en 1747, para establecer o correo entre Bos Aires e Potosí[3] para chegar a Lima, daquela capital do vicerreinado. A data deste acontecemento considérase a do nacemento do Correo Fixo (regular) no Río da Prata (17 de xuño de 1748).[5] Por iso, é considerado o pai do servizo de correo na Arxentina. Posteriormente estableceu o correo entre Bos Aires e Santiago de Chile.

En 1766 era un dos principais comerciantes da cidade[6]; e en maio de 1767[7], coa organización do correo ultramariño establecido polo marqués de Grimaldi,[8] Domingo é nomeado administrador do correo marítimo de Bos Aires que desde Montevideo traía o correo procedente de España do Correo Ultramarino A Coruña-Montevideo. Un paquebote unía estes dous portos cada tres meses[9], e unha vez separadas as cartas, expedíanse a través do Paraná até Santa Fe; cruzaban os Andes até Santiago de Chile; outras a través de Córdoba, chegaban a Potosí, A Paz ou Cuzco; ou empregando corredoiras incas chegaban a Quito e polo Magdalena e despois a cabalo alcanzaban Cartaxena de Indias.[9] Tamén creou a figura do carteiro que xa existía na península.[10]

En 1771, retirouse e deixou o posto a seu fillo Manuel que edificou a Casa de Correos de Bos Aires.[11]

Notas editar

  1. "los basavilbaso". web.archive.org. Archived from the original on 11-05-2009. Consultado o 19-09-2017. 
  2. Blecua, José Manuel; Gutiérrez, Juan; Sala, Lidia (1998). Estudios de grafemática en el dominio hispánico. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. p. 86. ISBN 84-7481-890-7. 
  3. 3,0 3,1 Torres (2014), p. 87-88
  4. Torres (2014), p.222
  5. "Historia. El inicio". correoargentino.com.ar. Consultado o 19-09-2017. 
  6. Aguirrezabala, Marcela (2006). De prácticas, comportamientos y formas de representación social en Buenos Aires (XVII-XIX). Bahía Blanca: Universidad Nacional del Sur. p. 310. ISBN 987-1171-52-8. 
  7. Contreras (2014), p. 88
  8. Gutiérrez de los Ríos, Carlos (2017). Vida de Carlos III. Red ediciones. p. 167. ISBN 978-84-9816-150-2. 
  9. 9,0 9,1 Lesser (2003), p. 153
  10. "Bruno Ramírez, el primer cartero". correoargentino.com.ar/. Consultado o 19-09-2017. 
  11. "Emisiones - 1998". web.archive.org. Archived from the original on 20-02-2011. Consultado o 19-09-2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Torres, Juan Lucio (2014). El español como soldado argentino: Participación en las campañas militares por la libertad y la independencia. Madrid: Ediciones de la Torre. ISBN 978-84-7960-578-0. 

Outros artigos editar