Atanasii Sheptytskyi

Atanasii Sheptytskyi (en ucraíno: Атанасій Шептицький; en polaco: Atanazy Szeptycki; en belaruso: Атанасій Шаптыцкі), nado c. 1686 en Voshchantsi (Voivodato de Rutenia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 12 de decembro de 1746 en Lviv, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1729 até a súa morte.

Атанасій Шептицький
(Atanasii Sheptytskyi)
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento1686
Pasamento12 de decembro de 1746 en Lviv, Voivodato de Rutenia, Polonia
Ordes
Consagración episcopal13 de setembro de 1715, por Lev Kyshka
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus
1729 - 1746
PredecesorLev Kyshka
SucesorFloriian Hrebnytskyi
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Naceu en 1686 en Voshchantsi nunha familia nobre.[1] En 1703, pola influencia do seu tío, Varlaam Sheptytskyi, entrou no noviciado dos basilianos no mosteiro de Univ, onde Varlaam era arquimandrita.[1] Na vida relixiosa tomou o nome de "Atanasii". Posteriormente estudou filosofía e teoloxía no seminario pontificio de Lviv que levaban os teatinos, onde foi ordenado sacerdote en 1710.[1] Posteriormente, en 1713 foi nomeado el mesmo arquimandrita de Univ.[1]

En 1715 foi nomeado bispo de Lviv, recibindo a consagración episcopal o 13 de setembro de mans do metropolita de Kíiv Lev Kyshka.[1]

O 1 de marzo de 1728 foi elixido arcebispo coadxutor de Kíiv, converténdose o 17 de agosto de 1729 en metropolita.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 P.P. Basiliani, ed. (1959). Epistolae metropolitarum, archiepiscoporum et episcoporum: 1714-1762 (en latín). p. 155. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Varlaam Sheptytskyi
 Bispo de Lviv 
1748 - 1779
Sucesor:
Lev Sheptytskyi
Predecesor:
Lev Kyshka
 Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 
1729 - 1746
Sucesor:
Floriian Hrebnytskyi