Claudio Coello

artista español

Claudio Coello, nado en Madrid en 1624 e finado na mesma cidade o 20 de abril de 1693 foi un pintor barroco español, representante da chamada Escola madrileña.

Infotaula de personaClaudio Coello

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1642 Editar o valor em Wikidata
Madrid Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1693 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Madrid Editar o valor em Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
MovementoBarroco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Retrato de Teresa Francisca Mudarra, ca. 1690.

Biografía editar

Os seus primeiros pasos na pintura foron guiados polo seu propio pai, Faustino Coello, un broncista portugués, pero o seu verdadeiro mestre foi o pintor Francisco Rizi (1608-1685). Sábese que fixo unha viaxe a Italia, mais os datos son escasos. De volta mantivo relación co pintor asturiano Juan Carreño de Miranda (1614-1685), que era amigo de Rizzi, que foi quen o introduciu no pazo real, co que puido coñecer de preto as coleccións artísticas da monarquía.

Foi pintor de cadros de temática relixiosa e retratista. Actuou tamén como pintor ao fresco, labor na que colaboraba con artistas máis especializados como Sebastián Muñoz ou Jiménez Donoso.

En 1686 foi nomeado pintor de cámara do rei Carlos II. O seu discípulo máis importante foi Antonio Palomino (1655-1726), ao que se deben algunhas noticias sobre el.

Valoración editar

Claudio Coello é valorado como un pintor que domina o debuxo e a composición. Considérase como o autor que máis se ten achegado a Velázquez no uso da perspectiva aérea a través do seu cadro da Adoración da Sagrada Forma (1685).

Obras editar