Cesare Ripa

historiador da arte italiano

Cesare Ripa, nado en Perugia en 1555 e finado probablemente en Roma en 1622, autor italiano do século XVI, estudoso afeccionado da arte e autor de Iconoloxía (Iconologia overo Descrittione dell'Imagini universali) (Roma, 1593), libro de emblemas moi influente no seu tempo.

Infotaula de personaCesare Ripa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1555 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Perugia Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1622 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma (1575 (Gregoriano)–1622)
Perugia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , erudito , letrado , polímata , filósofo , teórico da arte , científico , cociñeiro , historiador da arte , teórico , académico Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEmblema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Alegoría da Dignidade.

Biografía editar

De neno Cesare Ripa entra na corte do cardeal Anton Maria Salviati coa función de escudeiro. Membro da Academia dei Filomati e Intronati de Siena (empresas académicas dedicadas ó estudo de obras literarias clásicas e antigas moedas), que tería contactos coa Accademia degli Incitati en Roma, onde viviu entre 1611 e 1620.

Iconoloxía editar

En 1593 publicou a colección de alegorías: a obra, que ten por obxecto servir ós poetas, pintores e escultores para representar as virtudes, os vicios, os sentimentos e as paixóns humanas, é unha enciclopedia que se presenta en orde alfabética, como alegorías da paz, a liberdade ou a prudencia, recoñecibles nos atributos e a cor simbólica.