Antemio de Trales

Antemio de Trales (en latín Anthemius, en grego antigo Ἀνθέμιος), nado en Trales, Lidia, Imperio Romano de Oriente en 474 e finado en Constantinopla en 533, foi un notábel arquitecto, matemático e profesor.

Infotaula de personaAntemio de Trales
Nome orixinal(grc) Ἀνθέμιος ὁ Τραλλιανός Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(grc) Ἀνθέμιος Editar o valor em Wikidata
c. 474 Editar o valor em Wikidata
Tralleis (Imperio Bizantino) Editar o valor em Wikidata
Mortec. 534 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoGregos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático , enxeñeiro , arquitecto , físico , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsAlexandre de Trales (pt) Traducir, Olympios of Tralles (en) Traducir, Metrodoro de Trales (pt) Traducir e Dióscoro de Trales (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu pai chamábase Estevo e era médico. Un dos seus irmáns era o famoso médico Alexandre de Trales (Alexander Trallianus), e Agatías di que os outros tres irmáns, Dióscoro, Metrodoro e Olimpio, tamén eran eminencias nas súas profesións. Antemio pasou gran parte da súa vida profesional como profesor de matemáticas en Constantinopla.

Xunto con Isidoro de Mileto, foi un dos dous principais arquitectos encargados por Xustiniano I para construír a igrexa de Santa Sofía en Constantinopla en 532, pero morreu pouco despois de comezar a obra. Consérvase un escrito chamado Περί παραδόξων μηχανημάτων (Sobre os paradoxos da mecánica) sobre espellos parabólicos e ustorios. Coñecía a pólvora e construíu unha máquina de vapor[1].

Notas editar

  1. Anthemius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 184