Susana de Roma

santa romana do século III

Susana (nada en 280 - finada en 295) foi unha cidadá romana decapitada por se negar a ofrecer sacrificios ao deus Xúpiter, considerada santa pola Igrexa Católica.

Infotaula de personaSusana de Roma
Biografía
Nacemento280 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte295 Editar o valor em Wikidata (14/15 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDecapitación Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Período de tempoLow Roman Empire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de agosto Editar o valor em Wikidata
Patrón deTestemunho (cristianismo) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Roma no ano 280, filla de Gabino (futuro santo) e sobriña (segundo os seus haxiógrafos) do papa Caio, ambos os dous familiares achegados do emperador da época, Diocleciano. Pouco despois do nacemento da súa única filla, Gabino enviuvou e fíxose sacerdote. Susana, mentres tanto, foi educada no cristianismo por uns familiares. Posuidora dunha grande intelixencia, dende pequena amososu un grande interese polas escrituras sacras. Á idade de 12 anos dedicaba parte do seu tempo a comentar as mensaxes dos santos padres. Morre mártir por orde de Diocleciano, sendo decapitada o 11 de agosto do ano 295. A Igrexa lémbraa o mesmo día do seu finamento. Existen bastantes concomitancias con santa Susana de Braga.

Véxase tamén editar