Georg Friedrich Grotefend
Georg Friedrich Grotefend, nado en Hannoversch Münden o 9 de xuño de 1775 e finado en Hannover o 15 de decembro de 1853, foi un filólogo alemán, especializado na antigüidade. Estivo na orixe do desciframento da escritura cuneiforme.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1775 ![]() Hann. Münden ![]() |
Morte | 15 de decembro de 1853 ![]() Hannover ![]() |
Lugar de sepultura | Gartenfriedhof (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Hanôver (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Gotinga Lessing-Gymnasium (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudos orientais (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | lingüista , erudito clásico , Asiriólogo , mestre ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá e lingua latina ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Karl Ludwig Grotefend (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarGrotefend estudou filoloxía na Universidade de Göttingen. En 1797, converteuse en colaborador da escola municipal de Hannoversch Münden e en 1803 en Prorektor desta escola. Despois nomeárono Konrektor no Instituto Lessing de Frankfurt e finalmente director do Instituto de Hannover en 1821.
En 1802, deu descifrado, tras só unhas poucas semanas, a inscrición persa de Behistún descuberta e copiada en 1621. Ao principio tratábase só dunha aposta, na que pretendía demostrar que era posíbel descifrar un sistema de escritura totalmente descoñecido sen axuda exterior.
Inscricións cuneiformes
editarO seu meirande mérito é o de ter descifrado as inscricións cuneiformes de Persépole que Carsten Niebuhr copiara en Nínive durante a súa gran viaxe a Arabia. Chegou ás seguintes conclusións:
- que as inscricións persas contiñan tres formas diferentes de escritura cuneiforme, de xeito que o desciframento dunha podía ser a clave para o das outras.
- que os caracteres da columna persa da inscrición de Behistun eran alfabéticos e non silábicos.
- que debían ser lidos de esquerda a dereita.
- que o alfabeto consistía en corenta letras, incluídos signos para vogais longas e breves.
- que as inscricións de Persépole estaban escritas en avéstico (cousa na que, porén, estaba errado), e que debían referirse á época dos reis aqueménidas.
- que unha determinada palabra de uso frecuente debería corresponder á palabra persa para "rei".
- que a inscrición nos proporciona os dous esquemas seguintes: A) X, rei, gran rei, rei de reis, fillo de Y, rei; B) Y rei, gran rei, rei de reis, fillo de Z.
- que a presenza dos dous esquemas A) e B) nos dá a oportunidade de identificar as persoas do texto: é mester que X fose un rei persa, que o seu pai fose tamén un rei de Persia, pero que o seu avó non o fose.
De acordo con esta idea Grotefend foi quen de identificar X con Xerxes I, Y con Darío I e Z con Histaspes. Georg Friedrich Grotefend retirouse en 1849 e morreu en 1853 en Hannover.A súa tumba está situada no cemiterio da Marienstraße en Hannover. O Instituto Grotefend-Gymnasium de Hann-Münden da súa vila natal leva o seu nome desde 1976.
Obra
editar- Anfangsgründe der deutschen Prosodie (Gießen, 1815).
- Lateinische Grammatik (Frankfurt am Main, 1823 - 1824).
- Neue Beiträge zur Erläuterung der persepolitanischen Keilschrift (Hannover, 1837).
- Rudimenta linguae umbricae Hannover, 1835-1838).
- Rudimentae linguae oscae (Hannover, 1839).
- Zur Geschichte und Geschichte von Altitalien (Hannover, 1840-1842).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georg Friedrich Grotefend |