Davide Ghirlandaio

pintor italiano

Davide di Tommaso Bigordi, nado en Florencia en 1452 e finado na mesma cidade o 10 de agosto de 1525, coñecido polo alcume de Ghirlandaio, foi un pintor italiano, coetáneo de Botticelli e de Filippino Lippi.

Infotaula de personaDavide Ghirlandaio
Biografía
Nacemento1452 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Florencia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 1525 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Florencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Scuola degli Albanesi Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , iluminador , mosaicist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPintura de historia e retrato Editar o valor em Wikidata
AlumnosRidolfo Ghirlandaio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsDomenico Ghirlandaio (pt) Traducir e Benedetto Ghirlandaio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesBastiano Mainardi (pt) Traducir (cuñado) Editar o valor em Wikidata

Foron os seus irmáns os tamén pintores Benedetto Ghirlandaio (1458-1497) e Domenico Ghirlandaio (1449-1494), o máis célebre deles. Sobriño seu foi o fillo de Domenico, Ridolfo Ghirlandaio (1483-1561).

Davide traballou sobre todo como axudante de Domenico, encargándose tamén das finanzas do negocio familiar. Tras a morte deste, asumiu a dirección do taller e a tutela do seu sobriño Ridolfo.

De estilo semellante ao do seu máis dotado irmán, é ,porén, inferior a el no debuxo e a modelaxe dos panos. Unha mostra do seu traballo como artista independente atópase na basílica de Santa Maria Novella (Florencia) cunha táboa, "Santa Lucía e un doador" (datado en 1494). Vasari lémbranos outros encargos da súa man, como unha "Crucifixión con santos", no cenáculo de Santa Apollonia.

Foi un notábel mosaicista. Súas son as decoracións da Catedral de Orvieto e as da Santa María del Fiore de Florencia (luneto da Anunciación), así como as da fachada da basílica della Santissima Annunziata, tamén na cidade do Arno.

Obras editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar