Ibn al-Abbar
Abū Abd Allāh Muhammad ibn Al-Abbār ou Abdallah ben Abderrahmán Ebn Alabar Alcodai, nado en Valencia, al-Ándalus en 1199 e finado en Tunes o 6 de xaneiro de 1260, foi un poeta, historiador, diplomático, político e erudito valenciano de al-Ándalus, da época árabe.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | marzo de 1199 Valencia |
Morte | 6 de xaneiro de 1260 (60 anos) Tunes |
Causa da morte | execución pública |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Háfsida (pt) (1240–1260) Bugia (pt) (1238–1240) Coroa de Aragón (1238–1238) Taifa of Valencia (third period) (en) (1199–1238) |
Actividade | |
Ocupación | diplomático , poeta , historiador , biógrafo |
Período de tempo | Al-Andalus |
Xénero artístico | Poesía |
Profesores | Ibn Askar of Málaga (en) |
Lingua | Lingua castelá e árabe |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarEra orixinario dunha influente familia xemenita de Onda, cidade da Taifa de Valencia. Durante a súa vida en Valencia foi un destacado poeta e brillou profesionalmente na secretaría dos gobernadores de Valencia, até que, sitiada a cidade por Xaime I, foi enviado a Tunes a pedirlle axuda ao emir dos Háfsidas de Tunisia, Abu Zakariya, ante quen recitou unha qasida famosa:
Aberto está o camiño. Aos teus guerreiros guía,
oh, dos oprimidos constante valedor!
Auxilio che demanda a bela Andalucía;
a liberdade espera do teu heroico valor...Abū Abd Allāh Muhammad ibn Al-Abbār (tradución dunha tradución castelá de Juan Valera)
Tras a conquista de Valencia por Xaime I, Ibn al-Abbar instalouse en Tunes, e seguiu traballando de forma destacada como secretario de goberno, pero o emir al-Mustansir ordenou executalo en 1260, queimando máis tarde o seu cadáver xunto a todos os seus escritos.
Obra
editarEstá considerado como un dos escritores máis egrexios do século VI da héxira.
As súas obras literarias máis importantes, al Hulla al Siyara (A túnica recamada) e a Takmila, son unha colección de biografías dos príncipes e magnates norteafricanos e andaluces, unhas magníficas crónicas que documentan a historia medieval do islam occidental. Distinguiuse tamén como poeta, especialmente polas súas qasidas ou poesías dedicadas á perda de Balansiyya (Valencia) ou a que describe as tráxicas circunstancias polas que está pasando Al-Ándalus no século XIII.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Casiri, Bibliotheca Arábico- hispana (Madrid, 1760)
- Derembourg, Manuscrits árabes de l Escurial (París, 1884)
Ligazóns externas
editar