Heriberto IV de Vermandois

Heriberto IV de Vermandois, nado ao redor de 1032 e finado en 1080, foi conde de Vermandois de 1045 a 1080 e conde de Valois de 1077 a 1080.

Heriberto IV de Vermandois
Nacemento1032
Falecemento1080
Ocupaciónaristócrata
PaiOtto, Count of Vermandois
Naisen etiquetar
CónxuxeAdele of Valois
FillosAdelaide de Vermandois e Odo I, Count of Vermandois
Na rede
WikiTree: Vermandois-4
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era fillo de Odón de Vermandois, conde de Vermandois e de Pavia. Sucedeu a seu pai en 1045, sendo citado no momento da consagración do rei Filipe I de Francia; herdou en 1077 dunha parte os feudos do seu cuñado Simón de Vexin, basicamente o condado de Valois e os dereitos de Montdidier e Amienois e o señorío de Péronne[1] por cesión destes dominios á súa irmá Adelaida de Valois, muller de Heriberto (casados arredor de 1060) e filla de Raúl IV de Valois e III de Amiens e Vexin.

Deste matrimonio naceron:

  • Odón, dito o Insensato, finado despois de 1085, que foi desherdado polo seu pai por ser débil de espírito (probabelmente un pouco retardado).
  • Adelaida (ca. 1062 - 1122), casada ao redor de 1080 con Hugo I o Grande (ca. 1057 - 1102), conde de Vermandois e Valois, fillo de Henrique I, rei de Francia e Ana de Kíiv.

Notas editar

  1. O Señorío de Péronne dependía do condado de Vermandois, e tivo como primeiro señor a Eilberto (944-977) e tería seguido na súa familia, malia que non se cita ao seu sucesor, se cadra un fillo; Roberto de Cappy era probabelmente o seu neto e foi castelán de Péronne como Roberto I desde preto de 1000 ao 1045; seguiuno o seu fillo Roberto II o Barbudo (1045-1087) que se titulou "príncipe de Péronne" pero perdeu o señorío sobre 1068/1070 a mans de Simón de Valois, o cal á volta dunha viaxe a Roma, presionado polo papa, casou sobre 1072 con Xudit de Auvernia (filla do conde de Auvernia) e un tempo despois os dous esposos decidiron entrar en relixión e Simón decidiu retornar Péronne e outros sitios ao conde de Vermandois, pera a cesión demorouse porque na cidade estaba enterrado o seu pai, e quería trasladar a tumba; finalmente en 1077 abdicou na súa irmá Adelaida de Valois, á que cedeu o condado de Amiens ocupado polo rei e o de Valois, retornando o condado de Montdidier e o señorío de Péronne ao cndee de Vermandois, ben directamente ou ben a través da súa irmá

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Christian Settipani, La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de la maison d'auguste de France, vol. 1), ed. Patrick van Kerrebrouck, 1993 (ISBN 2-9501509-3-4).