Elena Soriano

escritora española

Elena Soriano, nada en Fuentidueña de Tajo (Comunidade de Madrid) o 4 de febreiro de 1917 e finada en Madrid o 2 de decembro de 1996, foi unha escritora española.[1] En 1969 creou, financiou e dirixiu a revista de literatura El Urogallo, que dirixiu até 1976.[2][a][3] A súa obra máis coñecida é o relato biográfico Testimonio materno.[4][b]

Infotaula de personaElena Soriano
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Fuentidueña de Tajo, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora (1950–), novelista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJuan José Arnedo Sánchez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosElena Arnedo Soriano Editar o valor em Wikidata
ParentesMiguel Boyer (xenro) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Elena Soriano Jara, viviu a súa nenez entre Andalucía, a terra dos seus pais, e Castela. Está documentado que a partir dos 14 anos publicou en revistas. Filla dun mestre, por desexo do seu pai fixo estudos de Maxisterio, que acabou en 1935, comezando case de inmediato os seus estudos en Filosofía e Letras, sen concluílos a causa do estalido da guerra civil española, período bélico que a familia pasou en Valencia.

Ao remate da guerra casou con Juan José Arnedo Sánchez.[5] Vetada no concurso público de oposición (expulsada coa maior cualificación das oposicións de auxiliar de biblioteca por ser clasificada de “roxa”), dentro das medidas de represión franquista, vive o seu exilio interior na vida familiar, e dá a luz dous fillos, Juanjo e Elena.[c]

Iniciou a súa vida literaria en 1951 publicando a novela Caza menor, obra que en 1976 se proxectou en TVE como serie en 20 episodios. En 1955, reuniu na triloxía "Mujer y Hombre" tres novelas, La playa de los locos, Espejismos e Medea 55, tratando problemas femininos como o tabú da virxindade, a deterioración do amor conxugal, ou a vinganza soterrada da muller moderna, cando o seu compañeiro a traizoa rexeitando a maternidade. La playa de los locos foi prohibida pola censura franquista, e non sería editada até 30 anos despois. Nos últimos anos do franquismo creou a revista El Urogallo que comezou a editarse dende 1969 e que conseguiu manter até 1976. En 1985, publicou o seu maior éxito editorial Testimonio materno, relato no que expuña as confesións dunha nai, ela, enfrontada ao «lento suicidio» do seu fillo Juanjo, drogadicto.[4]

Como articulista e ensaísta ao longo de trinta anos publicou traballos como La emoción en el teatro de Sartre, La juventud como problema, La obra de Baroja durante la República, moitos deles recolleitos por Carlos Gurméndez nos tres volumes de Literatura y vida (1992-1994).[d]

Continuou vivindo en Madrid nos seus últimos anos, traballando no libro Defensa de la literatura. Apuntes para un ensayo interminable e sen poder terminar o ensaio El donjuanismo femenino, que tras a súa morte en 1996 foi concluído pola súa filla, a xinecóloga e política socialista Elena Arnedo.[e] Pouco antes de morrer, cedeu á Cruz Vermella Española os dereitos, en lingua castelá, da súa obra Testimonio materno, legado que promoveu a creación da fundación CREFAT, da que foi vicepresidenta. Morreu na capital de España, o 2 de decembro de 1996.[4]

Recoñecementos editar

No ano de 1991 recibiu o premio Rosa Manzano polo seu labor de escritora progresista, e tres anos antes da súa morte, en 1993, concedéuselle a Medalla de Ouro Individual da Comunidade de Madrid pola súa creación literaria en prol da liberdade de pensamento e dos dereitos humanos. Xa a título póstumo, en Fuentidueña de Tajo, a súa vila natal, púxoselle o seu nome á rúa principal; e en Suances localidade cántabra que inspirou a súa libro La playa de los locos, onde veraneaba a familia, erixíuselle unha estela de pedra fronte ao mar en 1997.[6] Así mesmo, no décimo aniversario da súa morte creouse nesa localidade de Suances un concurso internacional de relato curto co seu nome, que tamén se lle deu á biblioteca municipal e a unha rúa do seu casco antigo.[7][8]

Obras editar

Novelas editar

  • Caza menor:

Madrid: La Nave, 1951. Novela. 1.ª edición. Madrid, Saturnino Calleja, 1951. 2.ª edición. Madrid, Prensa Española, 1976. (Adaptada e proxectada na pequena pantalla. Madrid, TVE, 1976).

  • La playa de los locos:
1.ª edición. Madrid, Saturnino Calleja, 1955. (Prohibida a súa circulación e venda pola Censura) 2.ª edición. Barcelona, Arcos Vergara, 1984. 3.ª edición. Primeira novela do volume Mujer y hombre, triloxía completa. Barcelona, Plaza y Janés, 1986.
  • Espejismos:
1.ª edición. Madrid, Saturnino Calleja, 1955. 2.ª edición. Segunda novela do volume Mujer y hombre, triloxía completa. Barcelona, Plaza y Janés, 1986
  • Medea:
1.ª edición. Madrid, Saturnino Calleja, 1955. 2.ª edición. Barcelona, Plaza y Janés, 1985. 3.ª edición. Terceira novela do volume Mujer y hombre, triloxía completa. Barcelona, Plaza y Janés, 1986.

Contos editar

  • La vida pequeña. Cuentos de antes y de ahora, Barcelona, Plaza y Janés, 1989.
  • Tres sueños y otros cuentos, Madrid, Huerga y Fierro editores, 1996.

Biografía editar

  • Testimonio materno
1.ª edición. Barcelona, Plaza y Janés, 1985.

Ensaio editar

  • Literatura y Vida. I. Artigos e ensaios breves, edición e prólogo de Carlos Gurméndez, Barcelona, Anthropos, 1992.
  • Literatura y Vida. II. Defensa da Literatura e outros ensaios, Barcelona, Anthropos, 1993.
  • Literatura y Vida. III. Ensaios, artigos, entrevistas. Revista literaria O Urogallo, Barcelona, Anthropos, 1994.
  • El donjuanismo femenino, prólogo de José Luís de Vilallonga, Barcelona, Edicións Península, 2000.
  • Defensa de la literatura. Apuntes para un ensayo interminable. (Inédito)

Apuntamentos editar

  1. En 1989, José Antonio Gabriel y Galán tomou esta cabeceira para editar El Urogallo, revista que foi editada ata 1996.
  2. Testimonio materno, publicado en 1986, foi reeditado repetidas veces, case que contravindo o desexo da súa autora, cuxo legado literario quedaba eclipsado por un catártico exercicio autobiográfico.
  3. A miña filiación ideolóxica (...) é ben coñecida como inequívoca e invariable, antes, durante e despois da guerra civil, cuxo resultado colocoume entre os vencidos, e, polo tanto, no exilio interior durante moitos anos de ostracismo social, inhabilitación académica, discriminación profesional en a censura e outras penalidades persoales e familiares que omito.
  4. Elena Soriano, que se declarou en numerosas ocasións anti-poética, seguiu a gran escola clásica de narradores do realismo e o naturalismo como Stendhal, Dostoyevski ou Benito Pérez Galdós. Ela, que non se presentaba a ningún concurso, foi membro habitual nos premios Pablo Iglesias, Plaza y Janés, Nacional de las Letras, entre outros moitos.
  5. En segundo que círculos máis coñecida como ex esposa de Miguel Boyer.

Notas editar

  1. "Elena Soriano". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2010. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  2. Soler Arteaga. El urogallo. Revista literaria bimestral (1969-1975). Estudio e índices. ISBN 9788447212378. 
  3. "Sale al mercado 'El Urogallo', nueva revista literaria". 12 de maio de 1986. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Fallece la escritora Elena Soriano, fundadora de la revista 'El Urogallo'". 5 de decembro de 1996. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  5. "Juan José Arnedo, apasionado testigo y actor de un siglo". 10 de abril de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2017. 
  6. "Avenida de Elena Soriano". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2019. Consultado o de febreiro de 2017. 
  7. Biblioteca Elena Soriano en Suances
  8. Concurso internacional de relato corto

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Trenas, Julio - Así trabaja Elena Soriano, Pueblo, nº 27, xuño de 1957, p. 14. *Alborg, Concha - Conversación con Elena Soriano, Revista de Estudios Hispánicos, Tomo XXIII, nº 1, xaneiro de 1989, pp. 115-126.
  • ‘Introducción’ a Caza menor, Madrid, Castalia, 1992, pp. 7-45.
  • Alfaro, María - Una escritora española: Elena Soriano, Cuadernos Americanos, 17, 1959, pp. 511-518.
  • Ciplijauskaté, Biruté - La novela femenina contemporánea (1970-1985). Hacia una tipología de la narración en primera persona, Barcelona, Anthropos, 1988.
  • Caballé, Anna - La vida escrita por las mujeres, Vol. IV, Barcelona, Círculo de lectores, 2003.
  • Fagundo, Ana María - Elena Soriano y su materno testimonio, Estudios en homenaje a Enrique Ruiz-Fornells, Alcheu, Erie Pennsylvania, 1990, pp. 192-188.
  • Cepedello Moreno, Mª Paz - El mundo narrativo de Elena Soriano (2007) ISBN: 84-7801-870-0. En Dialnet.
  • El tratamiento del tiempo en ‘Viajera de Segunda’ de Elena Soriano, Estudios lingüísticos y literarios In memoriam Eugenio Coseriu (1921-2002), coords. Mª Luisa Calera Vaquera e Fernando Rivera Cárdenas, Córdoba, Servizo de Publicacións da Universidade de Córdoba, 2004, pp. 65-73.
  • Caza menor de Elena Soriano e Ana y los lobos de Carlos Saura - conexiones y Divergencia”, Studia Lingüística et Philologica In Memoriam Feliciano Delgado (1926-2004), eds. Mª Luisa Calero, Francisco Osuna e Alfonso Zamorano, Córdoba, Servizo de Publicacións da Universidade de Córdoba, 2006, pp.91-100.
  • Hernández, Esteban - La pasión inútil (Entrevista con Elena Soriano), "El Urogallo" (segunda época), nº 42, novembro de 1989, p. 80.
  • República de las Letras - Homenaje a Elena Soriano y El Urogallo, nº 73, decembro, ano 2001.
  • Suñén, Luis - Elena Soriano y Enrique Murillo: Volver y empezar, Ínsula, nº 460, marzo de 1985, p. 5