Batalla do río Halis

A batalla do río Halis, tamén coñecida como a batalla de Halis ou batalla do río Halys, foi librada no 82 a.C. e enfrontou as forzas da República Romana contra as do Reino do Ponto no contexto da Segunda guerra mitridática.

Historia

editar

No transcurso da súa campaña contra Mitrídates VI do Ponto, no 83 a. C., o xeneral romano Lucio Licinio Murena, comandante do exército romano en Asia, invadiu o Ponto desde Capadocia e saqueou Komany. Mitrídates envioulle mensaxeiros cun recordatorio da violación da paz, pero el rexeitounos. Ao ano seguinte, os romanos invadiron Galacia, saquearon 400 aldeas e regresaron con moito botín. Mitrídates enviou unha embaixada a Roma, desde a que se enviou un representante coa prohibición de que Murena loitara contra Mitrídates. A pesar diso, Murena ignorou as ordes recibidas e volveu pórse en campaña ao mando de dúas lexións (as coñecidas como "Fimbrias") e acabou provocando a Segunda guerra mitridática.

Entón Mitrídates enviou un exército baixo o mando do xeneral Gordio que atopou ao romanos no río Halis. Mentres o propio Gordio agardaba a chegada de Mitrídates, Murena tentou atravesar o Halis, ao outro lado do cal estaba o exército póntico, pero foi derrotado e retirouse a un campamento fortificado nunha beira alta. Máis, aos poucos, Mitrídates chegou á fronte do principal exército póntico, para atacar os mal preparados romanos, e lograron forza-lo cruzamento do río e conseguiron que os romanos se retirasen deixando atrás o seu campamento que foi capturado mentre o exército romano fuxía a Frixia.

Consecuencia

editar

Como resultado desta vitoria, a autoridade do rei incrementouse e, el mesmo , volveu ocupar Capadocia. No 81 a.C., o propio Lucio Cornelio Sila restaurou a paz entre Roma e o Reino do Ponto baixo os termos da Paz de Dárdanos do 85 a.C.[1]

  1. Jacques (2007), p. 429.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Jaques, Tony, ed. (2006). Dictionary of battles and sieges: a guide to 8500 battles from antiquity through the twenty-first century (Vol. 2: F–O) (en inglés). Westport, Conn: Greenwood Press. ISBN 9780313335365.