Espazo triangular escapular
O espazo triangular escapular é unha estrutura anatómica do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. Está delimitado por:
- O bordo medial da porción longa do tríceps braquial
- O bordo superior do músculo redondo maior
- O bordo inferior do músculo redondo menor
O espazo permite o paso da arteria circunflexa da escápula e a vea circunflexa da escápula.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarGray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)