Arteria circunflexa da escápula

A arteria circunflexa da escápula é unha arteria do membro superior humano pertencente á rexión posterior da escápula. É unha póla da arteria subescapular. Deixa a axila e acada a rexión escapular posterior. Pasa a través do músculo redondo maior e se anastomosa coas outras arterias da rexión.