Espazo Coop

asociación multisectorial galega

EspazoCoop, formalmente coñecida como Unión de Cooperativas Galegas, é unha entidade multisectorial de carácter empresarial en Galiza, configurada como asociación sen ánimo de lucro. Integrada por cooperativas de distintas clases, EspazoCoop está inspirada nos principios cooperativos e os seus valores, e ten como obxectivo agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen. Ademais, busca a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico no marco da economía social e solidaria.[1]

EspazoCoop
Unión de Cooperativas Galegas
Logo
TipoAsociación sen ánimo de lucro
PropósitoAgrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das cooperativas socias
Campo de traballoCooperativismo, desenvolvemento socioeconómico, economía social e solidaria
Área de operaciónGaliza
Data de fundación2017
Presidente/aAna Olveira Blanco ; Directora Xerente: Lucía Mendoza Fernández
Nº de membrosMáis de 200 cooperativas
Nº de empregados9 empregados
SedeA Coruña, Santiago, Vigo
PaísGalicia Galicia
Na rede
espazo.coop
Facebook: espazocoop Twitter: UnionEspazocoop Instagram: espazocoopcooperativas Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

EspazoCoop naceu en 2017 da fusión de tres entidades cooperativas preexistentes: a Federación de Cooperativas Sinerxia, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) e a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado (UCETAG). Esta fusión, que concluíu coa primeira asemblea ordinaria e o voto unánime dos asistentes en xuño, foi o resultado dun proceso colaborativo onde estas entidades decidiron unirse para crear economías de escala, mellorar a súa posición no mercado e gañar máis peso social. A integración de EspazoCoop, que tardou tres anos en completarse, foi un fito significativo no cooperativismo galego, sendo a primeira vez que se crea unha asociación "multiclase" en Galicia, permitindo a asociación de calquera tipo de cooperativa.[2][3]

O resultado desta fusión é unha unión de cooperativas con nove traballadores distribuídos en tres sedes do eixo atlántico galego: A Coruña, Santiago e Vigo. EspazoCoop agrupaba a 181 cooperativas, das cales 152 eran de traballo, 28 de ensino e unha de consumo, con 1.120 socios traballadores e 570 empregados, cunha facturación conxunta de 45 millóns de euros.[4] A data de 2023 no directorio de cooperativas de EspazoCoop hai 261 cooperativas.[5]

A misión de EspazoCoop é agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias, así como promover o cooperativismo como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico. EspazoCoop aspira a ser unha entidade de referencia no ámbito do cooperativismo galego, con vocación de influencia na sociedade e de transformación social.

Valores e obxectivos editar

Entre os valores de EspazoCoop están a apertura e non discriminación, autonomía e independencia, proactividade e participación, interese pola comunidade, responsabilidade social e sostibilidade, entre outros.

Os fins específicos de EspazoCoop inclúen a representación e defensa dos intereses colectivos das cooperativas asociadas, fomentar o cooperativismo, informar e asesorar sobre disposicións que afecten ás empresas cooperativas, promover a colaboración con entidades e institucións, e fomentar a igualdade de oportunidades e a integración social.[6]

Organigrama editar

O órgano de representación e decisión de EspazoCoop é a asemblea xeral de socios, que delega as responsabilidades de goberno nun consello reitor. Este consello reitor está integrado por persoas pertencentes ás cooperativas socias, elixidas en asemblea polos socios.[7]

Notas editar

  1. dnl (2012-02-02). "Quen somos?". Espazo Coop. Consultado o 2023-12-14. 
  2. "Impulso cooperativo en Galicia". Alternativas Económicas (en castelán). Consultado o 2024-02-01. 
  3. "La Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP presenta las cifras del boom del cooperativismo en Galicia". Economía Solidaria. 2 de xuño. 
  4. "Impulso cooperativo en Galicia". Alternativas Económicas. xuño. [Ligazón morta]
  5. "directorio; buscar". Espazo.coop. Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  6. "Obxectivos e fins". Espazo Coop. 2011-12-30. Consultado o 2023-12-14. 
  7. tino (2011-12-30). "Organigrama". Espazo Coop. Consultado o 2023-12-14. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar