Escudo de Venezuela

Símbolo de Venezuela

O escudo de armas de Venezuela é un dos símbolos nacionais do país, xunto coa bandeira e o himno,[1] e foi aprobado por primeira vez polo Congreso o 18 de abril de 1836, con pequenas modificacións a través da historia ata a versión actual. O escudo de armas foi estabelecido polo presidente Marcos Pérez Jiménez de acordo coa lei do 17 de febreiro de 1954, que estabelecía tamén a bandeira e o escudo. O 12 de marzo de 2006 o goberno do presidente Hugo Chávez, por medio da Asemblea Nacional Venezolana, reformou parcialmente a Lei da Bandeira, o Escudo e o Himno Nacinoais, publicada no número 38.394 da Gaceta Oficial.

Escudo de Venezuela
Versións

1954-2006
Detalles
ArmigerVenezuela
Adoptado20 de abril de 1836
12 de marzo de 2006 (versión actual)
CristaCornucopia
Xornal venezolano El Nacional, 12/03/2006.

O heraldista Fabio Cassani Pironti, encargado pola Asemblea Nacional, asumiu a reforma do escudo de armas nacional.[2]

Leva as cores da bandeira nacional nos tres cuarteis nos que se divide: o primeiro, de goles, contén un feixe de trigo de ouro como símbolo da unión e da riquesa da Nación; ten tantas espigas como estados hai na República. No segundo cuartel, de ouro, como emblema do triunfo nas guerras, hai un conxunto de armas (unha espada, un sabre e tres lanzas; ultimamente engadiuse un machete, un arco e unha frecha) e dúas bandeiras nacionais entrelazadas por unha coroa de loureiro. No terceiro cuartel, de azur, hai un cabalo indómito en prata, emblema da independencia e da liberdade; no escudo actual o cabalo galopa cara á esquerda e mira cara a adiante, a diferenza do escudo precedente, no que galopaba cara á dereita e tiña a testa mirando cara a atrás.

Enriba do escudo hai dúas cornucopias ou cornos da abundancia atravesadas, que evocan a súa riqueza. Franqueando o escudo, unha póla de loureiro e unha palma, ligadas cunha cinta que representa a bandeira tricolor venezolana, enriba da franxa azul central aparecen as seguintes inscricións en letras maiúscules douradas:

  • 19 de abril de 1810 / Independencia
  • 20 de febrero de 1859 / Federación
  • República Bolivariana de Venezuela (antes, República de Venezuela)

Escudos históricos editar

           
Capitanía Xeneral de Venezuela Primeira República de Venezuela Segunda República de Venezuela Terceira República de Venezuela Gran Colombia Gran Colombia
1777 - 1811 1811 - 1812 1812 - 1814 1814 - 1819 1819 - 1821 1821 - 1830
       
Estado de Venezuela Estados Unidos de Venezuela República de Venezuela República Bolivariana de Venezuela
1830 - 1864 1864 - 1954 1954 - 2006 2006 - presente

Notas editar

  1. "Evolución Histórica del Escudo Nacional de Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 22 de agosto de 2012. 
  2. El Nacional, 12/03/2006.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar