Abrir o menú principal

O escudo do Gran Ducado de Luxemburgo goza de protección legal dende 1972, regulación que foi complementada pola Lei do 17 de xuño de 1993.

Escudo de Luxemburgo
Great coat of arms of Luxembourg.svg
Detalles
ArmigerHenrique I de Luxemburgo
Adoptadoca.1235
1972 (versión actual)
CristaCoroa gran ducal
AlicerceLeóns coroados

Ten tres versións, armas pequenas, medias e grandes. Todas elas teñen como elementos esenciais un único campo burelado de prata e azur de dez unidades, un león de goles, armado, lampasado e coroado de ouro. O escudo aparece timbrado cunha coroa real.

Nas armas grandes a coroa e o campo do escudo aparecen sostidos por dous leóns coroados e baixo o manto do Gran Duque sobre o que se sitúa outra coroa real.

Nas armas medias a composición sería a mesma que no caso anterior pero prescíndese do manto e a coroa colocada sobre o mesmo.

As armas pequenas unicamente estarían compostas polo propio escudo e a coroa real.

A orixe das armas do Estado luxemburgués remóntase aproximadamente ó ano 1235, cando o Conde Enrique V de Luxemburgo fixou a composición do campo do escudo, algúns anos antes, en 1123, o Conde Guillerme de Luxemburgo adoptara un estandarte burelado.

Versións do escudoEditar

 
O escudo de armas pequeno.
 
O escudo de armas mediano.
 
Escudo de armas do Gran Duque de Luxemburgo.

Véxase taménEditar