Escudo da Guinea Ecuatorial

escudo nacional

O escudo nacional da Guinea Ecuatorial foi adoptada oficialmente o 21 de agosto de 1979. Este escudo amosa mostra un fondo gris cunha árbore. Esta árbore é unha Ceiba pentandra, o lugar onde se asinou o primeiro tratado entre Portugal e o gobernante local. Sobre o escudo, hai seis estrelas que representan o territorio continental e as cinco illas principais. Abaixo amósase escrito nunha fita o lema nacional en castelán: “Unidad, Paz, Justicia”.

Escudo da Guinea Ecuatorial
Detalles
ArmigerGuinea Ecuatorial
Adoptado21 de agosto de 1979
Crista6 estrelas de seis puntas de ouro
EscudoUn campo de prata, cunha árbore
Divisa"Unidad, Paz, Justicia"
Unidade, Paz, Xustiza

O escudo, moi semellante ó empregado durante a época colonial, foi cambiado durante a ditadura de Francisco Macías Nguema (1972-1979) por outro de reminiscencias máis africanistas, con ferramentas e armas tradicionais, un galo (símbolo do P.U.N.T., o partido de Macías Nguema), e a palabra "Trabajo" engadida ó lema nacional,[1] mais foi restaurado posteriormente en agosto de 1979 tralo derrocamento de Macías.[2]

Escudos históricos editar

Notas editar

  1. "Equatorial Guinea (1973 - 1979)" (en inglés). Crwflags.com. 
  2. "National Flag of Equatorial Guinea". Worldflags (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 21 de xuño de 2019.