Abrir o menú principal

Escritura Vinča

(Redirixido desde "Escrita Vinča")
Unha vasilla de barro desenterrada en Vinča, atopada a unha profundidade de 8,5 m.

A escritura Vinča, tamén chamada alfabeto Vinča ou Escritura europea antiga, é o nome dado a un tipo de marcas atopadas nunha serie de artefactos prehistóricos achados no sueste de Europa. Algúns consideran as marcas como un sistema de escritura, atribuíbel á cultura de Vinča, que habitou a rexión cara a 6000-4000 a. C. Outros dubidan que as marcas representen unha escritura, citando a brevidade das inscricións atopadas e o escaso de símbolos repetidos.

Descubrimento das inscriciónsEditar

 
Amuleto de arxila, unha das táboas de Tărtăria atopadas preto de Tărtăria, Romanía, e datadas cara ao 4500 a. C.

En 1875, as escavacións arqueolóxicas de Zsófia Torma (1840–1899) en Turdaş (Tordos), preto de Orăştie en Transilvania (actual Romanía), descubriron un grupo de obxectos con inscricións de símbolos descoñecidos. Obxectos similares atopáronse durante as escavacións de 1908 en Vinča, un suburbio da cidade serbia de Belgrado, a 120 km de Tordos. Máis tarde, apareceron obxectos en Banjica, tamén en Belgrado. A cultura foi chamada cultura Vincha-Tordos, e as inscricións, escritura Vincha-Tordos.

O descubrimento das táboas de Tărtăria en Romanía por Nicolae Vlassa en 1961 impulsou o debate. Vlassa considerou as inscricións como pictogramas, e a datación por carbono dos obxectos cara ao 4000 a. C. convertíao no primeiro sistema de escritura.

Como dato, apareceron moitos máis fragmentos con inscricións similares en varias escavacións arqueolóxicas, principalmente en Grecia (Táboa de Dispilio), Bulgaria (Táboas de Gradeshnitsa), Macedonia do Norte, Romanía (Táboas de Tărtăria), leste de Hungría, Moldova, sur de Ucraína e outros lugares da antiga Iugoslavia.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Gimbutas, Marija: The Gods and Goddesses of Old Europe 7000 - 3500 BC, Mythos, Legends and Cult Images. 1974.
  • Griffen, Toby D.: Deciphering the Vinca Script. , 2005.[1]
  • Pešić, Radivoje: The Vincha Script. ISBN 86-7540-006-3.
  • Pešić, Radivoje: “On the Scent of Slavic Autochthony in the Balkans”, en Macedonian Review 19, n.º 2-3 (115-116). 1989.
  • Winn, Milton McChesney: The signs of the Vinča Culture : an internal analysis : their role, chronology and independence from Mesopotamia. 1973.
  • Winn, Shan M. M.: Pre-writing in Southeastern Europe: the sign system of the Vinča culture, ca. 4000 BC. 1981.

Ligazóns externasEditar

  • Arxiv.org (The Number System of the Old European Script - Eric Lewin Altschuler).
  • OmniGlot.com (símbolos vincha).
  • Prehistory.it (The Old European Script: Further evidence - Shan M. M. Winn)
  • Proel.org (artigo sobre a escritura tartaria).

Outros artigosEditar