Escorzoneira

especie de planta
Escorzoneira

S. hispanica
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Cichorioideae
Tribo: Cichorieae
Subtribo: Hieraciinae
Xénero: Scorzonera
Especie: Scorzonera hispanica
Subespecies
  • S. hispanica subsp. glastifolia
  • S. hispanica subsp. hispanica
  • S. hispanica subsp. neapolitana

A escorzoneira (Scorzonera hispanica) é unha planta da familia das asteráceas, nativa do centro e o sur de Europa e o centro de Asia, abundante na Península Ibérica.

Detalle da flor
Ilustración

Descrición editar

Trátase dunha planta perenne que pode alcanzar os 90 cm de altura, follas lanceoladas, alternas, de cor verde brillante na face e pálidas no envés, bordo enteiro ou lixeiramente dentado, superficie ondulada e cun pecíolo alado e alongado. Flores amarelas que se dan principalmente entre maio e xullo, aínda que depende moito da súa situación xeográfica. As raíces teñen unha lonxitude de entre 20 e 30 cm, cun grosor entre 3 e 4 cm de diámetro, de codia negra, agretada e polpa branca. Na parte superior do talo principal fórmanse unhas cabezas rodeadas dun invólucro de largas brácteas, máis longas as internas que as externas. Froitos alongados e rematados nun papo de arestas plumosas.

Localización editar

Na Península Ibérica crece silvestre en terreos areosos baldíos, con frecuencia preto do mar, desde Cataluña até Andalucía, sendo máis común encontrar a planta en solos ricos en cal.

Usos editar

Antigamente pensábase que o zume das raíces podía curar as mordeduras de serpes. A raíz utilízase cocida en comidas e ensaladas, e asadas ou fritas en manteiga para acompañar carnes. No século XVI Nicolás Monardes foi o primeiro en describir a escorzoneira:«As raíces conservadas en azucre, como o fixen a miúdo, resultan case tan delicadas ao padal como as raíces do erinxio».[1] A súa eficacia no alivio de flatulencias e indixestións fixo que Lois XIV lle mandara ao seu xardineiro o cultivo desta planta en grandes cantidades para dispoñer dela durante todo o ano.[2] Os capullos cocidos tamén se utilizan en ensaladas así como as follas, especialmente as novas despois de fervidas.

Taxonomía editar

Scorzonera hispanica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 791. 1753.[3]

Sinonimia
  • Scorzonera crispatula (DC.) Nyman. subsp. crispatula (DC.) Nyman
  • Scorzonera crispatula var. corbariensis Timb.-Lagr.
  • Scorzonera crispatula (DC.) Boiss.
  • Scorzonera denticulata Lam.
  • Scorzonera edulis Moench
  • Scorzonera glastifolia Willd.
  • Scorzonera latibracteata Sennen & Elías ex Pau
  • Scorzonera transtagana Welw. ex Cout..[4]
  • Myscolus hispanicus (L.) Endl.
  • Scorzonera communis
  • Scorzonera sativa Gaterau[5]

Notas editar

  1. GENDERS, op. cit., páx. 27.
  2. GENDERS, op. cit., páx. 97.
  3. "Escorzoneira". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 20 de abril de 2015. 
  4. Sinónimos en Real Jardín Botánico
  5. "Escorzoneira en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 20 de abril de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • GENDERS, Roy (1988). Editorial Blume, ed. Plantas silvestres comestibles. ISBN 84-7031-609-5. 

Ligazóns externas editar