Escola de dama

modelo escolar privado

As escolas de dama eran escolas privadas baratas que comezaron a funcionar en Gran Bretaña dende o século XVII. En moitos casos eran simples habitacións nas que unha señora daba educación a nenos e nenas de 2 a 15 anos. A aprendizaxe era mínima e consistía en rudimentos de escritura, no coñecemento da Biblia e nos labores domésticos.

As educadoras eran persoas con escasa educación que destacaban na súa comunidade, máis polas súas características persoais e morais, que polos seus coñecementos científicos e pedagóxicos.

Este modelo de educación escolar, moi anterior ao ensino obrigatorio, tivo unha importante expansión nas colonias inglesas en América e, xunto coas escolas de amiga estendéronse por Suramérica. As escolas de dama tiveron moita importancia en Norteamérica.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar