Escola Superior Gallaecia

centro universitario de Vila Nova de Cerveira, Portugal

A Escola Superior Gallaecia (tamén ESG ou esGALLAECIA)[1] é un centro universitario de Vila Nova de Cerveira, Portugal, especializado na creación de artes, investigación e difusión da ciencia, cultura e tecnoloxía, exercidas nos dominios do estudo, a docencia e da investigación, ao servizo da identidade cultural lusófona. A escola foi integrada como Departamento na Universidade Portucalense (UPT) en 2021.[2]

Escola Superior Gallaecia

Tipoinstitución educativa Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°56′42″N 8°44′34″O / 41.945, -8.7428
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Viana do Castelo
ConcelloVila Nova de Cerveira Editar o valor en Wikidata
EnderezoLargo das Oliveiras, 4920-251 Vila Nova de Cerveira, Portugal Editar o valor en Wikidata
Visitas
Accesibilidade en cadeira de rodasaccesíbel con cadeira de rodas Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1995 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBesg.pt Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar
 
Porta principal da Escola en Cerveira.
 
Edificio da Escola, antiga Câmara Agrária, no Largo das Oliveiras.

En 1995, a Escola Superior Gallaecia é instituída pola Fundación Convento da Orada que procede á posta en marcha da institución, as instalacións e os respectivos cursos.[3] A Escola Superior Gallaecia xa tiña actividades educativas antes desa data.

Inicialmente, operaba como unha entidade académica centrada no ensino de arquitectura e deseño. Esa etapa anterior permitiu que a escola sentase as bases para as disciplinas máis tarde formalizadas nos seus cursos oficiais.[4]

En 2003, a Ordem do Arquitetos recoñece o Curso de Licenciatura en Arquitectura e Urbanismo.[4]

No 1 de setembro 2021, a Escola Superior Gallaecia foi integrada na UPT, no Porto. O novo Departamento de Arquitetura e Multimedia Gallaecia mantén o mesmo proxecto pedagóxico que tiña na ESG.[2]

Cursos

editar

Ofrece formación en Arquitectura e Urbanismo e Multimedia e Artes, así como cursos de curta duración.[2]

  1. "Escola Superior Gallaecia". Linkedin.com. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Transmissão e integração da Escola Superior Gallaecia". www.dges.gov.pt (en portugués). Consultado o 2024-10-23. 
  3. "CI - ESG - Escola Superior Gallaecia". comum.rcaap.pt. Consultado o 2024-10-23. 
  4. 4,0 4,1 "FCO Relatório de atividades e contas. 2019" (PDF). fundacaoconventodaorada.pt. Consultado o 23 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar