Escala menor

escala musical

Chámase Escala menor a escala diatónicana que o seu intervalo entre a primeira nota (tónica) e a terceira é dun ton e medio (terceira menor). Evolucionou a partir do modo eolio da música grega e as súas notas son, en Do:

La-Si-Do-Re-Mi-Fa-Sol,

e os seus intervalos:

T-S-T-T-T-S-T

De cada Escala maior pódese obter unha escala menor a partir da súa sexta nota, estas son as chamadas escalas menores naturais, mais axiña se viu que o intervalo dun semitón entre a sétima e a tónica tiña pouca forza resolutiva e diminuise, pasando así á escala menor harmónica:

T-S-T-T-S-TS-S

Esta é a escala que se utiliza para formar acordes en ton menor, pero o intervalo dun ton e medio resulta estraño e pouco práctico á hora de elaborar melodías, polo que se eliminou, obténdose a escala menor melódica:

T-S-T-T-T-T-S

Aínda que tamén existen modos das escalas menores, non se usan normalmente e de feito non teñen nome.