Abrir o menú principal

Coordenadas: 38°43′24″N 1°27′27.6″L / 38.72333, -1.457667

Praia des Fonoll Marí

Es Pujols é unha entidade de poboación da illa de Formentera, da parroquia de Sant Ferran de ses Roques, na vénda des Molí-s'Estany. Atópase no noroeste da illa, ao oeste do lago Pudent. É o principal núcleo turístico de Formentera, xurdido como tal na década de 1960, onde se concentra a maior oferta turística e de ocio da illa, aínda que de dimensións moderadas. A poboación é de carácter estacional, con 619 habitantes segundo o censo de 2006.

A zona, antes da súa urbanización, estaba formada por conxuntos de dunas ben consolidados que formaban pequenos outeiros (pujols en catalán). Forma unha pequena baía cunha liña de illotes que a resguardan das ondas: escull des Cossaris, illa des Fonoll Marí, illa Plana e illa de s'Aigua Dolça. Cara levante o terreo vaise elevando progresivamente ata chegar a Punta Prima con 63 metros de altitude e cantís de 50 metros. O litoral está formado por tramos de praia e tramos de roca baixa onde hai casetas para as barcas dos pescadores.