Abrir o menú principal

Coordenadas: 38°40′35″N 1°31′5″L / 38.67639, -1.51806

Porto de Es Caló

Es Caló é un núcleo de poboación da illa de Formentera que forma parte da parroquia de El Pilar de la Mola, na vénda de Es Carnatge e de Ses Clotades. Está situado na costa norte da illa, no extremo nordés do istmo de Es Carnatge, ao pé de La Mola.

Antes chamábase Es Caló des Frares ou Es Caló de Sant Agustí, xa que se cree que os eremitas do antigo mosteiro de Sant Agustí de la Mola acudían á zona. Tradicionalmente foi un dos portos da illa, aínda que só para pequenas embarcacións e impracticable con vento de tramuntana. O pequeno porto está rodeado de barracas de pescadores.

Tiña en 2008 unha poboación de 435 habitantes, 52 no núcleo urbano e 383 diseminados. Desenvolveuse a partir da década de 1970 con edificacións encaradas ao turismo. Xunto ao porto atópanse Ses Platgetes, un tramo de litoral composto por unha serie de pequenas praias alternadas con zonas rochosas.